Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 27 Junho 2016 10:32

STEG desmonta a propaganda de La Voz sobre as "oposiçons do século"

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Comunicaçom, Laboral/Economia / Fonte: STEG

No pasado mércores 22 de xuño, La Voz de Galicia vén de publicar o seguinte titular: "Llegan las oposiciones del siglo en Galicia". O de chegar está moi ben porque parece que as oposicións tiveran vida propia e por riba un alto espírito cívico, ao igual có titular; as oposicións chegan no ano de eleccións e este titular, en alarde de puntualidade suíza, chegaba a cinco días da celebración dos comicios deste domingo. Viva aprecisión horaria galega! Viva a engranaxe da Voz coa Consellería! 

Así que guiados por aquela máxima de "non deixes que a realidade che estrague un bo titular", A Voz aínda vai máis aló e sinala que " as 1.112 convocadas por la Consellería de Educación duplican las ofertadas en el 2015 y multiplican, por mucho, las aprobadas en la comunidad gallega en los últimos tiempos".

Diante destas afirmacións tan propicias aos intereses dalgúns dos actores implicados e sen discutir a importante contribución que A Voz de Galicia veu facendo nestes anos ao xénero da literatura fantástica galega, cómpre sinalar algúns datos obxectivos, publicados pola propia Consellería e de público coñecemento:

  • Que dende a chegada en 2009 de Feijoó á Xunta, o Ensino Público perdeu 1.198 mestres e 95 profesores, pasando de 15.178 a 13.980, namentres os centros privados gañaban 20 profesores e os centros concertados gañaban outros 16.
  • Que, por exemplo, no ano 2008, previo á chegada do goberno do PP, convocáronse 1.914 prazas, fronte ás 1.102 prazas que se convocan este ano.
  • Que no ano 2007 convocáronse 3.073 prazas.

Segue A Voz de Galicia neste alegre artigo, xa co disfrace de Tolkien, indagando no ignoto terreo da fantasía e da invención, introducindo algún bit de realidade, coa seguinte declaración do Conselleiro, atento lector de Bradbury: «con la oferta de este año se pretende mejorar la estabilidad laboral de  los docentes y recuperar el número de profesores que había en el 2009».

Madia leva, Carmiña! Logo destes anos de destrución de emprego público e de derrube do Ensino por parte da Xunta, os dirixentes populares súmanse á "teoría invertida da vaca": lancémosle el caldero lleno de leche a la vaca por su cabeza y luego ordeñémosla.

Acaso esas prazas que convocan supoñen que van aumentar os postos de traballo? Ou simplemente van dar estabilidade e cambiar a situación administrativa de persoas que van pasar de ser interinas a ser funcionarias? Porque de ser así, o Conselleiro estaría mentindo descaradamente, tal e coma vén facendo últimamente. Non se recuperarán os postos de traballo destruídos mentres non remate a brutal política de recortes no ensino público.

Conclúe maxistralmente a Voz de Galicia o seu Tratado da Invención ao xeito das grandes figuras da literatura, facendo aterrar de paseniño ao atribulado lector, xa totalmente entregado, deslizando unha suave sospeita sobre a integridade moral do sempre sospeitoso profesorado: 

"¿Los docentes, observados para evitar que copien? Sí. Será el propio  tribunal el que se encargue de esta tarea, paseando por las aulas y evitando cualquier tipo de trampa."

Grande ovación, público en pe.

Abandonando o ton lírico en que nos adentrou A Voz, dende o STEG lamentamos que algúns medios de comunicación  renunciasen dende hai tempo a seren altofalantes da verdade, da información e da independencia, pasando a conformaren unha perfecta engranaxe co actual goberno da Xunta de Galiza, servíndolle de correa de transmisión.

Pensamos tamén, con Camus, que o rigor e a veracidade deben ser valores innegociábeis para o xornalismo e que a pervivencia dun medio de comunicación debe vir dada por facerse imprescindíbel para a cidadanía a quen informa, non por contentar ao poder que o subvenciona e de quen depende.

Di Camus: "Cómpre probar cun método totalmente novo que sería a xustiza e a xenerosidade. Pero isto só se expresa nos corazóns xa ceibes e nos espíritos aínda clarividentes. É a nosa responsabilidade formar eses corazóns e esas cabezas ou mellor espertalos; será a tarefa á vez modesta e ambiciosa que lle tocará ao xornalismo independente. A Historia terá en conta ou non estes esforzos. Pero haberá que facelos".

Por desgraza, nada disto último lemos dende hai tempo nalgún medio de comunicación.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar