A normativa aplicable1 a este tipo de ingresos resulta clara: esta clase de prestacións resultan inembargables, non só por seren de contía inferior ao Salario Mínimo Interprofesional (655 €) senón por constituírse en axudas supostamente destinadas a garantir a cobertura das necesidades máis básicas das persoas, cubrindo o chamado “mínimo vital”.
"Os bancos son perfectamente coñecedores de que o que están a facer de maneira estendida resulta unha práctica non só inxusta e abusiva, senón, sobre todo, completamente ilegal", din. Porén seguen a insistir nela, a pesares das queixas das perceptoras das pensións.
Unha vez máis, volven a ser as de abaixo, as precarias e empobrecidas, as que sofren o abuso e inxustiza por parte das grandes empresas, ao servizo do capital, que son quen de infrinxir á lei e deixalas na miseria, tan só por continuar enchendo os seus petos.
"Ante isto, compre unha resposta conxunta pola nosa parte, por medio da cal podamos defender os nosos dereitos e denunciar publicamente estas prácticas perversas".
Para elo, dende a ODS confeccionaron un modelo tipo de reclamación, que haberá de presentarse na entidade bancaria en canto se produza a retención e no que se solicita o alzamento inmediato de embargo e a devolución dos cartos. E no que se lle lembra á banca a obriga que teñen, como o resto da cidadanía de cumprir a lei na súa actuación.
E reivindican "contra a mercantilización das nosas vidas! Contra os abusos: información, defensa e denuncia!"
---
[1] Artigo 607 da Lei 1/2000 de Axuizamento Civil.
Artigo 169.5 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.
Artigo 76.4 do Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 4 do Real Decreto-Lei 9/2015 de medidas urxentes para reducir a carga tributaria no IRPF.
Artigo 6.3 da lei 10/2013 da Inclusión Social de Galicia.