Este Colectivo de Barallobre quere render unha HOMENAXE ás 81 vítimas mortais, 140 feridos e a seus familiares así como unha LEMBRANZA as propias vítimas desta parroquia de Barallobre, Lidia Martín e a súa filla Daniela Recio.
Quere dar lectura a seu propio MANIFESTO, indicando as mesmas demandas da Asociación de Vítimas do Alvia.
Propoñen a intervención dun gaiteiro para render unha homenaxe galega as Vítimas co interpretación da “Marcha do antigo Reino de Galiza”.
"Estamos a disposición do concello de Fene para colaborar e organizar este acto de homenaxe".