Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 30 Julho 2016 07:59

Bombeiros/as denunciam que acidente em Oleiros foi potencialmente agravado por gestom privada do serviço

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: PBPG

A Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia quere louvar o traballo dos Bombeiros de Arteixo e demáis Servizos de Emerxencias que no pasado mércores día 28, traballaron no accidente ocorrido na parroquia de Serantes (Concello de Oleiros).

Arredor das catro da tarde, un home duns 65 anos quedou atrapado debaixo do seu tractor, logo de caer por un desnivel mentras desbrozaba unha leira na Agra da Pedra. O tractor aprisionou unha extremidade do accidentado, o cal lle impedía liberarse polos seus propios medios.

A complexidade do suceso, fixo que o rescate fose moi laborioso e delicado para os Bombeiros, dado que calquera movemento en falso que se realizase na carga, podería agravar moito a situación da vítima. Ao longo de tres horas os compañeiros de Arteixo tentaron con diversas manobras liberar a extremidade. Finalmente acadaron o seu obxetivo, que non era outro que liberar a vítima sen producirlle maiores lesións das producidas polo propio accidente, para posteriormente trasladala a un centro sanitario.

As seis e cuarto, máis de dúas horas despois da primeira chamada de auxilio, o 112 reclamou a colaboración de Bombeiros do Concello de A Coruña, sen que finalmente fose necesaria a súa presenza.

Este sinistro non tería maior transcendencia se non fose polo problema de fondo que está a acontecer na nosa Comarca e no resto de Galicia co actual sistema de xestión das emerxencias.

Nesta ocasión, coma no 40% das súas intervencións, os Bombeiros comarcais de Arteixo, acudiron a un sinistro no cal teñen que pasar por diante doutro Parque de Bombeiros, o Parque Municipal do SEIS de A Coruña.

Esta diferenza de tempo de resposta pode ser determinante para salvar a vida dunha persona en grave risco, coma no caso dun incendio ou dun accidente de tráfico.

Ademais da diferenza de tempo, e importante destacar tamén a diferenza de recursos humanos e materiais, contando o servicio comarcal de xestión privada de Arteixo con 3 Bombeiros por quenda, fronte aos 11 Bombeiros por quenda do SEIS do Concello de A Coruña, de xestión directa.

Unha vez máis a Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia quere dar a coñecer a cidadanía, este e moitos outros problemas derivados da errónea xestión dos Servizos de Emerxencias na nosa Comunidade Autónoma, cunha falla total de coordinación e unificación. O actual modelo de xestión, non atende a criterios de isocronas (tempos de resposta) nin a recursos, tanto humanos coma materiais. Estes feitos denotan unha metodoloxía de movilización de medios completamente irracional, que nin sequera logo de situacións extremadamente graves coma o accidente ferroviario de Angrois (do que agora se cumpren 3 anos), se variaron na busca dun mellor servizo para a cidadanía

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar