A opresión require empregar a violencia e que esta sexa xustificada, para o cal se cosifica aos demais, considerádoos inferiores. Animais e mulleres comparten unha historia de opresión, violencia, cosificación, fragmentación e consumo. Estas son as teses do colectivo Espazo Vega-feminista que o vindeiro xoves 28 dará unha palestra titulada Por que Espazo Vegafeminista? Novas alianzas entre o feminismo e o antiespecismo a partires das 20.00 horas no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35)
O grupo tamén exporá cal é a súa experiencia como colectivo e como se conqueriu a idea de aunar o feminismo e o antiespecismo. Hai un par de anos que xurdiu esta iniciativa por parte de mulleres de toda Galicia que compartían o activismo feminista e antiespecista. Elas crían que ambos movementos estaban demasiado distantes e que compría achegarlos e facer accións que aunasen ambos movementos.
Deste xeito, o colectivo opina que os movementos feministas e antiespecistas deben apoiarse o un ao outro xa que dende a súa perspectiva hai vencellos entre as opresións ás mulleres e aos animais. Por esta razón, Espazo Vega-feminista fai unha reivindicación do diálogo entre o movemento feminista e antiespecista, coa idea de ir traballando en futuras alianzas.
Título |
Por que Espazo Vegafeminista? Novas alianzas entre o feminismo e o antiespecismo |
Día |
Xoves 28 de Abril de 2016 |
Hora |
20:00 horas |
Lugar |
Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) |