Acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida que nos impón o capitalismo, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante.
Por iso organizamos o vindeiro sábado 30 de abril ás 11:30 horas no local comarcal do BNG de Ourense (Rúa da Burga, nº2) un encontro formativo onde trataremos o que é e non é a mocidade rachando co concepto desde unha perspectiva de clase.