Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 06 Agosto 2016 12:20 Última modificação em Quarta, 10 Agosto 2016 11:56

Mais um passo no desmantelamento e conversom em negócio do serviço galego contra incêndios florestais

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia, Institucional, Consumo e meio natural / Fonte: CIG

O goberno de Feijoo continúa avanzando na súa liña de desmantelar o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF). Tennos acostumados á súa falta de previsión e nula organización.

Xa desde o inicio do seu mandato Feijoo decidiu prescindir da prevención porque ten un custo elevado e "non é un bo negocio para os seus amigos das empresas privadas. Van fiando a loita contra os incendios forestais á climatoloxía, sen facer prevención, desmantelando paso a paso o SPDCIF e regalándolle os contratos suculentos ás empresas amigas".

Durante anos o persoal das brigadas helitransportadas era persoal da Xunta, con experiencia e preparación para combater os incendios forestais na primeira liña de lume. A propia Xunta no artigo 3.19 do V Convenio (condicións especiais de traballo do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia) comprométese ao mantemento das brigadas helitransportadas existentes e a posibilidade de novas creacións. Nos últimos anos a tendencia é facer a contratación mediante empresa privada, relegando as bases da Xunta á mínima expresión. Este ano, nun chanzo máis no desmantelamento do servizo, as brigadas helitransportadas que aumentaron en relación ao ano pasado tamén serán da empresa privada, na que non hai ningunha garantía da profesionalidade do persoal, contratado nunhas condicións de absoluta precariedade laboral, incluída a seguridade.

E para que o negocio destas empresas sexa seguro e abondoso a Xunta pon á súa disposición as bases que construíu e mantén cos seus orzamentos: heliportos, bases, talleres, depósitos, casetas de vixilancia...

Mentres as brigadas da Xunta teñen unhas bases que en moitos casos non cumpren a normativa de seguridade e saúde laboral as empresas privadas fan negocio redondo utilizando as bases das desaparecidas brigadas helitransportadas da Xunta. Mentres as brigadas da empresa pública SEAGA de Guntín, A Fonsagrada e outras teñen que utilizar como base unha caseta de obra, na que en ocasións a temperatura chega aos 50º, os donos das empresas amigas non teñen que gastar nada na construción, aluguer ou mantemento das súas bases. Xa llo pagamos entre todos.

"O goberno de Feijoo ten demostrado que non lle importa nada que arda o monte, que non ten ningunha política definida sobre a explotación, racionalización e mantemento dos nosos montes e que non é capaz de organizar cun mínimo de coherencia o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. O único que lle importa a Feijoo é mentir sobre a superficie arrasada polos incendios, ocultar a súa incapacidade para xestionar a loita contra os incendios forestais e regalarlle o negocio aos seus amigos", din na CIG.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar