O Centro Social A Comuna nace coa inquedanza de crear un espazo de acción e de transformación social. Por esta razón, non podemos deixar pasar a idea de que o textil e o xeito no cal se ve o seu consumo ten que cambiar. Pensan que "compartir e intercambiar crea comunidade e dá unha alternativa ao ritmo de consumo rápido que a industria busca que teñamos e con isto perpetuar un sistema que produce unha gran precariedade no Norte e traballo escravo no Sur".
Por unha banda, queren contribuír a dicirlle á industria do textil que non somos consumidoras da “fast fashion”, que os nosos corpos teñen máis formas que a súa estandarización e que rexeitamos o seu modelo internacional de distribución do traballo. Ao mesmo tempo tamén pensan no planeta: a industria textil é quimicamente intensiva (tinturas, impresións e acabados). As traballadoras e os traballadores que os manipulan non teñen as proteccións necesarias, os seus residuos acaban verquidos nos ríos de países como Bangladesh ou Cambodja e chegan ata a nosa pel despois de mercalos.
O Armario Comunal é un espazo de comunidade, non de caridade, e nel se participa en pé igualdade, xa que os cartos non importan: todas as nosas prendas son gratuítas e todo o mundo está invitado. Dicide non á moda rápida e compartide, levade ou traede. Todo o material que temos na Comuna é para vós!
-
Título
Armario Comunal: comparte, reutiliza, crea comunidade
Día
Sábado 27 de Agosto de 2016
Hora
12:00 a 14:00 horas
Lugar
Campo de Marte