Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 08 Setembro 2016 15:23 Última modificação em Domingo, 11 Setembro 2016 01:55

CIG denuncia descaso perante incêndio no PN do Jurês e pede demissons na Junta Destaque

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: CIG

[Jesús Dorado Noya] Nestes días a provincia de Ourense está sendo un inferno. Un inferno de lume en concellos coma Oímbra, Muiños, Boborás ou Lobios, nos cales xa van arrasadas máis de 3.500 hectáreas a data do 7 de Setembro.

As condicións ambientais coma pode ser a seca, calor e vento de forma prolongada implica unha continúa vaga de incendios de grandes dimensións que poden levar ao descontrol durante varios días. É evidente a intencionalidade dos lumes, aínda así a problemática estructural dos incendios forestais na nosa comunidade non se chegou a debater pola falta de interés da propia Xunta de Galicia, preocupada en afastar dito debate do día a día, conquerindo confundir a cidadanía con supostas detencións e ou identificacións de supostos incendiarios, que máis tarde son postos en liberdade sen cargos.

"Cando dicimos que non se tomaron medidas preventivas para radicar ou minimizar ao máximo os incendios forestais, consecuentemente as hectáreas queimadas, é que dispomos de datos", din na CIG. Datos que ademáis foron publicados na mesma prensa escrita no ano 2015, cando os propios alcaldes dos concellos que integran o Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés, Lobios, Muiños e Entrimo, manifestaron que non podían facerse cargo das labouras preventivas no parque natural en toda a súa extensión, precisando medios para acometer dita prevención.

A propia Xunta de Galicia mantén medios propios no Parque Natural do Xurés, pero insuficientes para mantér a extensión do Parque Natural en condicións óptimas para que os incendios forestais que se cheguen a producir non teñan consecuencias dramáticas.

"Denunciamos que a Xunta de Galicia mantén nas inmediacións do Parque Natural do Xurés un tractor desbrozador inoperativo dende o ano 2015, polo que é imposibél ou inviábel que se realicen medidas preventivas. Non é de recibo que no Parque Natural con máis extensión da comunidade galega teñan medios dos cales non poden facer uso por mór de averías. Algún cargo dentro da Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, deberá dar as correspondentes explicacións a istes feitos".

Tamén reseñar que no propio parque natural ata fai ben pouco non existía a figura de director do parque ou xefe de área. Unha chapuza máis, que nos leva a pensar da falta de interés do goberno de Feijóo en dar valor a un parque natural que recibe miles de visitantes ao longo de tódolos anos, para visitar o Centro de Interpretación do Xurés así como toda a beleza do territorio a través das diferentes rutas de sendeirismo.

O Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés mantén unha flora e fauna meritoria, é dicer, unha gran variedade ecolóxica. A vexetación coa que podemos atoparnos alterna bosques de árbores caducifolios e folla perenne con alcornocais ou madroños, así como outras especies.

Polo que se refire a fauna, están censadas máis de 30 especies  de mamíferos e 140 aves. Entre esta fauna destaca o lobo, garduña, zorro, corzo, halcón, águila real e outras.

Por todo isto, dende a CIG manifestan a súa total reprobación as escasas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia no Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés, aos feitos nos remitimos cando os propios alcaldes dos concellos que integran o citado parque así o manifestan.

Por isto, solicitan á Conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez Mejuto, que cese do seu cargo ao Director Xeral de Ordenación e Producción Forestal, Tomás Fernández – Couto Juanas, pola súa incompetencia á hora de xestionar os incendios forestais, incendios que están arrasando centos e centos de hectáreas no Parque Natural do Xurés.

Entenden que é necesario tomar medidas urxentes para paliar os perxuizos que vai producir o incendio forestal no Parque Natural, para o cál, a propia Xunta de Galicia deberá aportar recursos económicos, xunto cos concellos integrados no parque, encamiñados á limpeza do perímetro dos núcleos de poboación, aproveitamento dos montes, sen esquecernos dunha planificación forestal e territorial para desta volta conquerir a recuperación do rural como un medio vivo, mantendo desta volta o Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés nas mellores condicións posíbeis, podendo xerar emprego na comarca e poñerlle freo e/ou minimizar os incendios forestais. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar