Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 09 Setembro 2016 05:46

CIG rejeita proposta rejeita proposta privatizadora da Agência Galega de Infraestruturas

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG
A Axencia Galega de Infraestruturas que leva dende fai anos funcionando sen que o persoal faga as tarefas e función propias das súas categorías non presenta proposta de solución. O que fai as presas e correndo é querer asinar un acordo que non recolle as demandas dos traballadores. No ano 2015 inícianse unhas mesas para tratar as demandas e problemas no servizo, mesas que foron convocadas sen presas e moi espazadas no tempo e atopámonos agora que o 1 de setembro convocan as centrais sindicais para chegar a un acordo xa, inmediato. Acordo que xerou expectativa entre o persoal de cara a enfrontar os problemas e que unha vez recibido o texto definitivo non é así.

Non pode ser que por mor do escenario político que temos nestes momentos con campaña electoral xa a volta da esquina se pretenda que se asine un acordo que vende fume e non resolve as demandas e bota por terra as expectativas do persoal. Non se pode facer só de cara a galería, non se pode traballar só nunhas datas concretas e esquecerse do persoal os catro anos seguintes.

Non pode a Xunta de Galiza zafar a súa desorganización nun servizo que está tendo como consecuencia a xudicialización en moitos casos e que a Xunta está a perder cartos por ter a xente facendo tarefas que non son da súa categoría, senón de categoría superior e que no caso de asinar o acordo condenaría a este persoal a perder ese dereito que esta a gañar no xulgado.

Non pode un servizo funcionar pola comenencia do momento á hora de asinar tarefas e funcións e que levan a desigualdades entre o persoal e a que a Xunta de Galiza estea a dar un mal servizo e por outra banda xogando cos cartos públicos.

Non pode ser que unha administración que ten o servizo de conservación, explotación e mantemento de estradas privatizado queira seguir mantendo esas tarefas non seus propio persoal sen recuperar o servizo como público. Demandamos a recuperación do servizo, non as privatizacións.

Expoñemos as razóns do rexeite de este acordo por parte da CIG

O acordo fai unha racionalización de categorías do grupo III (7,8,60,23,67) e as refunde na categoría 9, Técnico/a práctico en control e vixilancia de obras, conservación e explotación. A vixilancia nestes momentos é realizada por persoal do grupo III doutras categorías e persoal do grupo IV legoeiros. En todo caso, a proposta ten que ser tratada no ámbito da negociación global con Función Pública de racionalización das categorías profesionais.

No caso da definición de función dos legoeiros establece como funcións ás de execución material, vixilancia, entre outras. Inclúense os traballos de mantemento de instalación e edificios, tarefas que teñen categoría propia no V Convenio.

A incorporación aos legoeiros das funcións de vixilancia condea ao persoal a non poder reclamar vía xudicial algo que nestes momentos estan a gañar, a diferencia salarial por funcións de superior categoría (funcións do grupo III).

A administración non cuantifica as necesidades de persoal para facer vixilancia da categoría de legoeiros, podendo darse o caso de ser cero. Ou o caso contrario facer vixilancia a custe cero sen ter o dereito a reclamar esa diferencia salarial.

Tendo en conta que os/as legoeiros/as son nestes momentos 133, a administración só fixa como obxectivo a creación de 30 prazas da categoría III.009 para o ano 2017, para unha OPE de promoción interna, na que pode participar calquer persoal da Xunta de Galicia que reúna o requisito de titulación.

Nas futuras OPE’s ata o 2020 a administración non cuantifica as necesidades, e deixa os números en función da disponibilidade orzamentaria e as necesidades do servizo, sen comprometer número de prazas a crear.

A proposta non plantexa solucións para o persoal legoeiro/a facendo traballos de operador de maquinaria pesada, de auxiliar administrativo, auxiliar de topógrafo, mecánico....

O único apartado positivo que vemos no acordo e que sería posibel que administración levase adiante e sen acordo é o procedemento para facer vixilancia o persoal legoeiro/a onde o reparto de esa tarefa non sería a dedo como ata o de agora senón con un procedemento claro para todo o persoal.

A CIG podería estudiar a sinatura do acordo se a categoría de legoeiro/a coas funcións de vixilancia entre outras se lle incorpore o plus de resposabilidade e outros como toxicidade e penosidade.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar