Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 16 Setembro 2016 00:40 Última modificação em Domingo, 18 Setembro 2016 16:25

Bombeiras e bombeiros da Galiza saem hoje às ruas para reclamar cumprimento da Lei de Emergências

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: MIBG

En maio de 2007 saía publicada a Lei de emerxencias de Galicia. No súa disposición adicional terceira dicía o seguinte:

Terceira.-Servizos de prevención e extinción de incendios e de salvamento.
1. A Xunta de Galicia, a través da consellaría competente en materia de emerxencias e protección civil, impulsará as accións necesarias para homoxeneizar no prazo de tres anos as prestacións e as condicións de traballo en todo o territorio de Galicia dos servizos de prevención e extinción de incendios e de salva mento aos que se refire o segundo parágrafo da alínea 2 deste artigo.
2. A Xunta de Galicia procederá, no prazo de seis meses desde a súa posta en funcionamento, á elaboración dun plan director dos servizos contra incendios
e de salvamento que definirá o modelo de reordenación territorial e a estrutura operativa deles.
Neste sentido, a Xunta impulsará a creación dos consorcios provinciais en cuxa xestión e financiamento participen as deputacións e os concellos de máis de 20.000 habitantes que non teñan parque propio e mais a propia Xunta de Galicia.
3. No prazo dun ano desde a aprobación desta lei, a Xunta de Galicia, mediante proposta da consellaría competente na materia, promoverá a elaboración dun regulamento do bombeiro profesional e do voluntariado.
 En case dez anos, nada disto se ten cumprido, pese aos prazos impostos, a insistencia do colectivo e que mesmo lle teñamos feito chegar unha proposta de Regulamento do Bombeiro sobre a que empezar a traballar.
A finais do pasado 2015, o propio Parlamento da Xunta, nunha iniciativa aprobada por tódolos grupos, instou á Xunta de Galicia a comezar o proceso antes de rematar o ano 2015. Nada se fixo.
Calquera cidadán, ao día seguite de terse publicada unha lei, ten a obriga de acatala e cumprila, e pagar as sancións ou catigos pertinentes en caso de non facelo. Pois parece que a Xunta, que debera ser garante do acatamento das leis, ten por norma aplicarse outro baremo a si mesma, e pode permitirse o incumprimento reiterado da lei mesmo por dácadas. Non só supón mala praxe por parte dos responsables públicos que entre as súas encomendas teñen velar polo cumprimento da legalidade, senón que mal exemplo dan á cidadanía do respecto que as leis merecen.
Por isto, para poñer de relevo unha vez mais dito incumprimento, a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia (MIBG) quere "lembrar a todas as forzas políticas que é inaprazale acometer a negociación  do Regulamento do Bombeiro e avanzar cara a homoxenaización dos servizos de emerxencias."
Hoxe 16 de setembro manifestaranse polas ruas de Compostela, entre San Lázaro e San Caetano, "para facer patente esta situación e deixar claro ao próximo titular da Xunta que saído das eleccións do 25 de setembro que o cumprimento da lei non pode esperar mais".
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar