Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 16 Setembro 2016 07:37

Ferrara, Loznitsa e Prado, convidados estrela para o Curtocircuíto de Compostela

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Resenhas, Cultura/Música / Fonte: Curtocircuíto

O programa percorrerá as filmografías do documentalista ucraíno Sergei Loznitsa e da cineasta brasileira Ana Vaz, a quen se lle dedica a sección Púlsar. Unha lenda viva do cinema independente, o director norteamericano Abel Ferrara, programará unha sesión especial e protagonizará un encontro co público.Destacan diversas propostas de live cinemas a cargo de nomes de relevancia internacional como Lena Willikens, Sarah Szczesny, The Legendary Tigerman e Pedro Maia. O ex-director da Filmoteca Española Chema Prado realizará unha Carta Blanca.

A décimo terceira edición de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine celebrarase en Compostela do 3 ao 9 de outubro, cunha programación de carácter multidisciplinar na que a música, as actividades formativas e os live cinemas, entre outros, acompañarán un ambicioso programa de proxeccións cinematográficas. Nesta liña, o festival, organizado pola Concellería de Acción Cultural compostelá, pretende non só programar as propostas máis vangardistas en cinema e música, senón tamén buscar a hibridación entrambas disciplinas e incentivar a participación cidadá.

O festival contará con convidados de relevancia internacional como os premiados cineastas Abel Ferrara e Sergei Loznitsa ou o crítico Jonathan Rosenbaum, que visita España por segunda vez en cincuenta anos de carreira. Rosenbaum, crítico do Chicago Reader, está considerado un dos críticos máis influítes do mundo e unha figura de referencia do xornalismo cultural, gracias á súa labor de difusión e estudio do cine de fora dos Estados Unidos. Tamén estará presente Chema Prado, quen será homenaxeado polo seu traballo durante 27 anos á fronte da Filmoteca Española. Con esta invitación, Curtocircuíto quere recoñecer a traxectoria dunha das personalidades galegas máis importantes no ámbito cultural dos últimos anos.

A programación de cinema inclúe a presenza de figuras de sona internacional como Sergei Loznitsa. Matemático de formación, despois de traballar no Instituto Cibernético de Kiev, en 1997 empezou a dirixir documentais. A retrospectiva de Lonznitsa ofrecerá ao público de Curtocircuíto a rara oportunidade de realizar un percorrido pola súa filmografía, percorrido que inclúe The Event (2015), película presentada no festival de Venecia que narra, a través da recompilación de imaxes de arquivo, as xornadas que sucederon ao golpe de Estado fracasado de agosto de 1991 en Moscova.

O festival presentará tamén os traballos de dous cineastas emerxentes, a brasileira Ana Vaz e o portugués Pedro Maia. A sección Púlsar, que cada ano recoñece a figura de novos cineastas, estará adicada a Vaz, quen traballa explorando as relacións entre a linguaxe e o cinema e xa exhibiu os seus traballos en festivais como New York Film Festival, Toronto International Film Festival ou Media City. Pola súa banda, a sala NUMAX acollerá unha sesión especial dedicada a Pedro Maia, quen explora desde 2004 o concepto de live cinema, colaborando con eventos e espazos como o Museu Serralves, Sonar, Unsound Festival ou All Tomorrow’s Party. Ademáis da sesión na que presentará os seus traballos, tamén realizará unha performance en formato live cinema xunto con The Legendary Tigerman, nome artístico de Paulo Furtado.

Abel Ferrara e Chema Prado, programadores de excepción

Un dos pratos fortes da presente edición de Curtocircuíto será a invitación a dous programadores de excepción, Abel Ferrara e Chema Prado, a realizar dúas sesións especiais para o público compostelán.

Ferrara, director de culto de cine independente, a pesar de non evitar os temas conflitivos e as polémicas nos seus filmes, conta cunha traxectoria de prestixio internacional avalada por títulos como Teniente Corrupto, O Funeral ou Passolini, e galardóns como o Oso de Prata ao mellor director na Berlinale, o León de Ouro e o Premio Especial do Xurado no Festival de Venecia.

Prado, Cabaleiro das Artes e das Letras de Francia e ex-director da Filmoteca Española, cargo que abandonou a pasada primavera, presentará na súa Carta Blanca algunhas das curtametraxes que considera fundamentais para entender a historia do cinema. Personalidade de referencia no estudio do cinema español, o seu traballo a prol da conservación e recuperación do patrimonio audiovisual fíxoo merecedor de diversos recoñecementos en todo o mundo.

Os músicos que exploran o (outro) cine.

Ademais da programación cinematográfica, a decimo terceira edición do festival presentará unha atención especial aos live cinemas, con catro vangardistas propostas da escena nacional e internacional. En cada actuación en vivo, os artistas visuais e sonoros explorarán as posibilidades expresivas da súa colaboración, cos cineastas construíndo películas en vivo ao tempo que os músicos que os acompañan crean unha banda sonora en directo.

Explorando a hibridación entre cine e música, chegaran dúas das propostas principais o xoves 6 e o venres 7 de outubro ao Teatro Principal compostelán: Lena Willikens e Sarah Szczesny presentarán Phantom Kino Ballet, o seu esperado novo espectáculo, un collage en vivo que combina música electrónica, sons, esculturas, teatro de marionetas e proxeccións. Como dj, locutora de radio, productora e experta en Theremin, Lena Willikens ven de actuar en festivais como Atonal, Unsound, Sónar ou Primavera entre outros. O viernes 7 How to become nothing de The Legendary Tigerman e Pedro Maia presentará unha viaxe psicodélica polo deserto de California, onde Tigerman executa a banda sonora en directo mentras Pedro Maia manipula imaxes cinematográficas en tempo real.

Un live cinema será tamén o encargado de inaugurar o festival; concretamente a estrea en Galicia de Mecatrónica de Música Prepost, dúo formado por Fran Torres (Millonesdetrillones) e Pablo Peña (Pony Bravo, Fiera). Actuarán o 29 de setembro na Sala Capitol nun evento de entrada libre. O mércores 5 de outubro a cita será con Javi Álvarez, o home detrás de proxectos como Fluzo, Dúo Cobra ou Néboa. O público asistente poderá gozar do seu último e personalísimo espectáculo Cando prácticas e non practicas na Sala Riquela, nunha banda sonora en directo para pezas de vídeo rexistradas en formatos magnéticos.

Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros formativos

Como xa é habitual, Curtocircuíto volve realizar unha aposta decidida polas actividades formativas coa celebración de tres obradoiros, que terán lugar no CGAC. As inscricións realizaranse a través da web do festival www.curtocircuito.org.

O crítico norteamericano Jonathan Rosenbaum, quen visita Galicia por vez primeira, impartirá The Impossible Cinema un obradoiro dedicado a filmes que cuestionan os límites convencionais do cine.

Xabier Erkizia será o encargado de impartir Sobre la música y los ruidos, reivindicando o valor do son como un vehículo de linguaxe e expresión en si mesmo que, tradicionalmente quedou supeditado á hexemonía da imaxe no ámbito cinematográfico.

E por último, o compostelán Javi Álvarez impartirá un seminario sobre procesos de experimentación audiovisual, orientados a xerar recursos que podan integrarse na vida cotiá dos asistentes, partindo do uso de obxectos obsoletos, enxeñería doméstica, reciclaxe e circuit bending (modificación de xoguetes electrónicos).

E aínda máis...

A vindeira semana anunciaranse as películas que competirán nas diferentes categorías da presente edición de Curtocircuíto: Radar, Explora, Penínsulas e Planeta GZ, así como o programa de actividades paralelas. E como non podía ser menos, o programa de concertos que achegará tres eclécticas propostas de renome ás noites do festival.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar