As e os asistentes xuntaranse para cociñar e facer unha degustación de comida solar. Paralelamente teremos unha exposición de diferentes aparellos solares e visitas a instalacións de enerxía renovable na UDC.
O ano pasado reuníronse 50 cociñas solares e 35 receitas diferentes. O obxectivo deste ano é reunir, polo menos, 100 cociñas e fornos, e algunha sorpresa máis. "Axúdanos a conseguilo!", animan.
Que non tes forno solar? No apartado de bioconstrución da web do CIFP Someso, ou na revista CERNA, tes á túa disposición as instrucións para a súa construción. O custo aproximado deste tipo de forno é duns 3 a 5 euros se te fas con materiais recuperados e os reciclas. Unha vez teñas o material, xúntate con uns amigos/as e en tres horas podedes ter o forno listo.
O IV Encontro Solar pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.
Programa
10:00h Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares*.
11:30h Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
12:30h Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC guiada por J.M. Giz (Técnico Superior de mantementos da UDC)
Punto de encontro: mesa da OMA* situada no Encontro Solar.
14:00h Xantar colectivo e degustación de comida solar*. 16:30h Recollemos
Durante toda a xornada:
- Exposición de aparellos solares, achegados polo CIFP Someso e ADEGA, e polas demais persoas e entidades participantes*.
- Exposición itinerante "A Enerxía Solar", de ADEGA.
- Mesa de experimentación e aprendizaxe de enerxía solar.
* Para participar na montaxe e exposición dos fornos, no xantar, e na visita, é necesario anotarse a través deste formulario (pincha aquí)
Para a celebración do Encontro Solar necesitarán que o SOL estea con elas e eles, polo que, en función da previsión meteorolóxica, poderá ter que adiarse a xornada. Nese caso, anunciarase no Blog e Facebook da OMA. Estade pendentes...!
DATA E HORA: 4 de maio, de 10:00 a 16:30.
LUGAR: aparcamento do edificio Xoana Capdevielle da UDC.
INSCRICIÓNS: a través de google forms (pincha aquí) Máis información no blog da OMA: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/ e no apartado de Bioconstrución da páxina web do CIFP de Someso: http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/93
INSTRUCIÓNS para a construción dun forno solar: Web do CIFP de Someso: http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/770
Revista CERNA: http://www.adega.gal/media/documentos/41-42.pdf
ÁLBUM FOTOGRÁFICO do III Encontro Solar (2015) na seguinte ligazón: https://picasaweb.google.com/105713614573572913754/IIIEncontroSolar2015?feat=directlink