Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 24 Setembro 2016 21:27 Última modificação em Quarta, 28 Setembro 2016 14:47

Roçadeiras arrasan novas mámoas na Galiza

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: História da Galiza

Galiza é o país das mámoas, e dos petróglifos, e dos castros e de infinidade de outros bens que fan que sexa un dos territorios máis ricos en patrimonio.

Pero tamén é o país onde hai a quen non lle importa estragar estes monumentos por intereses económicos.

E, especialmente, son as mámoas e os petróglifos os que peor parado saen en canto a agresións patrimoniais, a maior parte das veces, debido a desbroces incontrolables ou plantacións de especies foráneas nos nosos montes.

Recentemente outra mámoa sufriu unha agresión no concello de Oza-Cesuras. Non é a única que sofre un atentado neste municipio. No mes de abril de 2016, os divulgadores Xavier Moure e Luis Seoane denunciaron ante Patrimonio e o propio concello unha agresión a dúas mámoas dos Montes do Gato durante a tala de eucaliptos realizada con maquinaria pesada. Xa no ano 2002, foi o arqueólogo Antón Malde quen denunciara a agresión a varias mámoas da necrópole.

Novos atentados en Ferrol

Por outra parte, o día 5 de febreiro de 2015 tamén se denunciou un novo atentado contra as mámoas de Mougá (Ferrol). Unha mámoa foi arrasada por unha desbrozadora de cadeas que a achandou case na súa totalidade, ao acondicionar o terreo para unha plantación de eucaliptos. Ao día seguinte comunicouselle ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza na Coruña.

A principios do mes de abril de 2016, Moure informou doutro atentado a dúas novas mámoas desta necrópole, tamén debido a unha tala de eucaliptos. “Hai uns días comprobamos que sobre outra mámoa da mesma necrópole plantaron eucaliptos, utilizando maquinaria pesada”, denuncia.

Tamén hai uns días denunciaban o estado da anta de Zarramacedo, en Santiago de Compostela, danado por outra plantación de eucaliptos, tal e como xa denunciou HdG.

E todo isto pasa no país das mámoas, no reino dos mouros. Un país no que, a pesar da destrución incontrolable dalgunha delas, tamén oculta, ás veces, gratas sorpresas como a descuberta de novas antas, como aconteceu, recentemente, en Vimianzo e Becerreá.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar