Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 01 Outubro 2016 00:40 Última modificação em Terça, 04 Outubro 2016 17:00

Entidades ecologistas pedem retirada da primeira revisom do Plano Florestal da Galiza

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Verdegaia

A Terra Non Se Vende, as Redes de Asociacións Galiza Non Se Vende e A Ría Non Se Vende, Salvemos Monteferro e Verdegaia poñen en cuestión a participación das distintas entidades sociais vencelladas tanto directa como indirectamente ao sector forestal na revisión do Plan Forestal de Galiza, pois na súa elaboración as decisións as levou a cabo e impuso dun xeito totalmente viciado a maioría de entidades relacionadas directamente ao sector económico e produtivo.

Por iso peden o cumprimento real e efectivo dos plans de ordenación dos recursos forestais supeditados a súa vez aos da ordenación dos recursos naturais; a redución da superficie ocupada polos monocultivos forestais, en especial do eucalipto, e a súa substitución por plantacións de frondosas autóctonas; un plano efectivo de erradicación de especies alóctonas e invasoras; un plano de silvicultura e de control da biomasa que, respetuosa co medio, estea baseada na prevención real e efectiva dos lumes forestais, e non na case exclusiva da extinción; unha menor mecanización a cambio dunha maior presenza de operarias e operarios, e conseguintemente unha maior creación de emprego, como así mesmo unha redución de impacto ambiental derivada das actividades forestais.

Solicitan, unha vez máis, a retirada e traslado da factoría pasteira de papel de ENCE da súa actual ubicación na ría de Pontevedra, procedendo á recuperación ambiental dos terreos gañados ao mar dentro do dominio público marítimo-terrestre, así como a paralización e retirada do proxecto da macroplanta de incineración de biomasa de 40 MW proposta pola empresa ENCE e a súa substitución por plantas máis pequenas fóra de monopolios empresariais e que non sobrepasen os 10 MW, descentralizadas a nivel zonal ou comarcal e que se abastezan soamente dos residuos das cortas forestais.

Apostan pola posta en valor do patrimonio natural, cultural e social que vaia máis alá das escasas e excesivamente concentradas experiencias levadas a cabo ata a actualidade, actividades que, xunto co apoio e potenciación das iniciativas locais de autoemprego en base á multifuncionalidade dos recursos forestais dos nosos montes -–madeira, silvopastoralismo, apicultura, recolleita de fungos, froitos e herbas, etc.--, á parte de crear unha mellor valorización social, económica e cultural e unha relación máis directa da poboación humana co medio, axudarían a crear máis postos de emprego.

Para as entidades, un mercado do produto forestal baseado máis no abastecemento local, na proximidade e na eficiencia e aforro enerxéticos é fundamental; como tamén o é a conservación do dereito xermánico e da prevalencia dos montes en réxime de mancomún. Peden tamén a proteción e conservación dos hábitats naturais de interese comunitario e prioritario e das especies de fauna e flora silvestre, a ampliación de espazos naturais dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos e da Rede Natura 2000.

Pódese consultar o contido completo das alegacións na seguinte ligazón:
Plan-Forestal-GZ AAE-Comentarios-DIE 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar