Tras as eleccións do pasado 25 setembro resolvéronse as dúbidas de a que goberno temos que nos enfrentar, umha Xunta do PP, com uns resultados que son enganosos: no é certo que o PP teña maioría na sociedade galega, só o 30% da poboación votou neles. O 70% non o fixo. Mas, por mor da lei electoral, o 30% na sociedade tradúcese em mais do 50% no Parlamento
Aínda así, é moi perigoso nos enganar: o PP tem maioría absoluta suficiente para gobernar, tem o apoio irresticto dumha parte importante da sociedade, do capital e os medios de comunicación, aos que financia xenerosamente. Por iso, para CV é imprescindible fortalecer a unidade das loitas e da loita da clase traballadora e o pobo.
A Unión Europea e o réxime teñen um goberno fiel que non precisa ser presionado, como si acontecería se fose um goberno de “progreso”, para aplicar as suas políticas de recortes e austeridade que levan adiante desde fai anos, e coas que ameazan de novo. Por iso, imos recibir a Feijoo e os seus diplomaticamente, ou imos recibilo como só é posible facelo, coa loita na rúa.
O longo período electoral que vívemos nestos dous anos foron demoledores para a mobilización social, pois freou todo o ascenso das loitas que tiveron como punto chave o 22 de marzo do 2014, coas Marchas da Dignidade, e a posterior dimisión do “vello” rei. Este período electoral permitiu a recomposición do réxime diante da poboación, ao reducir a presión da loita sobre umhas institucións afectadas ata o tuetano pola corrupción, coa monarquía o fronte.
Mas, estas eleccións truxeron, tamén, o estancamento das forzas do “cambio”, Em Marea, no concreto, que foron rebaixando a súa mensaxe rupturista inicial, ate deixalo nun tímido “todo dentro da lei”, como afirmou o seu candidato o comezo das eleccións. O BNG conseguiu salvar os móbeis, nunha crise que ameazaba coa sua desaparición.
A vítima destas eleccións non podía ser outro que o vello representante da socialdemocracia, reconvertido desde os anos 80/90 ao neoliberalismo, o PSdG-PSOE, e por extensión, o PSOE a nível Estatal. Os aumentos das desigualdades tradúcense nunha desaparición, ou enfraquecemento, das clases medias que vem perder os seus direitos sociais, e sectores delas obrigadas a se converter em parte da clase traballadora. Outros sectores destas clases, os mais pudientes, escollen abertamente o campo da reacción e do PP.
Nestas condicións, a UE, o réxime, a través do seu partido principal, o PP, vai profundar nos ataques destes anos. A UE xa anunciou que o Estado Español que facer mais recortes nos servizos públicos, nas pensións, e tem que ir a nova reforma laboral. O Estado Español, cun capitalismos em crise permanente, precisa recentralizar mais os capitais ao redor da burguesía española, e sóbranlle as exixencias nacionais. Para todo elo xa teñen aprobadas as leis que limitan seriamente os direitos democráticos, a través da lei de Partidos, da Lei Mordaza, etc. Mentres, a figura do rei segue a ser intocable, por moito que na ONU faga discursos hipócritas sobre as políticas cara as persoas refuxiadas.
As eleccións demonstraron pola negativa, que a vía electoral non serve para facer entrar em crise, e provocar o cambio, no réxime do 78. Como demostran os resultados galegos, chégalles com manter o 30% dos votos para impoñer umha maioría absoluta de parlamentários que lles permita gobernar como queiran outros catro anos.
Por iso, Corrente Vermella, tras estas eleccións, aposta por retomar o camiño da loita na rúa, da loita obreira e popular, construíndo a unidade para enfrontar uns gobernos que van vir com todo contra os nosos direitos.
O 22 de marzo do 2014, baixo a proposta das Marchas da Dignidade, millóns de traballadores e traballadoras, das mareas contra as privatizacións, dos xornaleiros e xornaleiras, etc., acharon umha canle de unidade contra o goberno, o Réxime e a EU. Construír umha canle de unidade, de frente único das loitas, a partir dos centros de traballo e estudo, dos barrios e vilas, para enfrentar os novos recortes, e reconquistar os direitos roubados, é a gran tarefa que temos por diante para recibir ao Feijoo e os seus como se merecen, coa loita na rúa.
Galiza, 3 de outubro do 2015