Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 18 Outubro 2016 16:06

'Abril de lume e ferro', de Manuel Maria, este sábado na Corunha

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: Fundación Manuel María

A peza recrea os acontecementos do levantamento liberal e galego de 1846 que remataron co fusilamento dos Mártires de Carral.

Este sábado, día 22 de outubro, ás 19 horas, no auditorio do Centro Ágora, terá lugar a representación da peza teatral de Manuel María, Abril de lume e ferro, a cargo da Asociación de teatro e cultura Abril de lume e ferro de Carral. Dita representación dramatizada encádrase dentro das distintas actividades que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos organiza ao longo deste ano 2016 en que o escritor de Outeiro de Rei é o homenaxeado nas Letras Galegas.  

Abril de lume e ferro, foi escrita por Manuel María en 1974 –non viu a luz até a edición realizada polo Concello de Carral en 1989- e recrea os acontecementos que supuxeron o levantamento liberal e galego de 1846 e que remataron co fusilamento das persoas sublevadas, os Mártires de Carral. A peza, constitúe unha destacada achega á escena galega, e forma parte da produción teatral de Manuel María, que se inicia en 1956 como creador teatral.

Manuel María consciente do valor didáctico do teatro e da súa capacidade de intervención, vai escribir ao longo da súa vida 36 obras de moi distinto formato (farsas, autos, obras infantís…) e de temática moi diferente, na que hai que salientar a ficcionalización dramática de acontecementos e procesos fundamentais da historia de Galiza, con vontade de recuperación e de creación de conciencia, na que se afilia Abril de lume e ferro.   

Abril de lume e ferro, vén sendo representada de maneira continuada en Carral, pola súa veciñanza, desde hai máis de vinte anos e tamén foi escenificada en Pontevedra, Lugo, Betanzos, Vilalba, O Valadouro… Na súa posta en escea participan máis de vinte actrices e actores amadores e a banda sonora está formada de pezas, aínda non editadas, do grupo musical “A quenlla”.

A obra é de balde, até completar a capacidade do auditorio do Centro Ágora, e conta coa colaboración do Concello da Coruña.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar