Por iso, demandan do SERGAS que de inmediato convoque a Mesa Sectorial para que emerxan todas as prazas vacantes cubertas con persoal temporal, e que estas se oferten por rigoroso orde de puntuación nas listas de contratacións. Con posterioridade estas prazas serían ofertadas nun concurso de traslados e a OPE.
Lembran que as/os traballadoras/es acceden a listas de contratación polo seu esforzo e méritos, e así conseguen ter un posto nelas. Esforzo de ter superado máis dun proceso de OPE, anos de experiencia laboral con contratos precarios, e formación continuada, que engade valor ao traballo que desenvolven.
Este sistema regrado non se pode substituír por un sistema de contratacións en fraude de lei, nin estas prazas se poden cubrir a base de sentenzas xudiciais.
"As Organizacións Sindicais ESTAMOS OBRIGADAS a defender o dereitos xerais de todas/os as/os traballadoras/es, e non fomentar practicas irregulares para incrementar a nosa afiliación", din.
"Mobilízate! Que ninguén xogue co teu esforzo!"
Concentracións xoves 20 de outubro de 2016 ás 11:30 no Hall do Arquitecto Marcide