"En 2013, ante a reforma da lei do aborto, moitas de nós comezamos de novo a coordinarnos, tanto a nivel nacional como estatal, para unirnos e loitar ante unha nova situación de emerxencia contra os dereitos das mulleres. Un ano despois vimos como Gallardón dimitía, e o seu anteproxecto de lei era desbotado. Coa súa dimisión vivimos unha victoria dos feminismos, que nos fixo conscientes da precisa unidade para acadar os nosos obxectivos. Polo tanto decidimos pornos a traballar nun novo proxecto, unha plataforma que tiña moi claro o seu fin: establecer un programa conxunto que nos encamiñara a consecución dos obxectivos comúns dos feminismos na Galiza", explican.
Moitas foron as que se sumaron dende 2013 a este proxecto, con todo, precisan da forza de todas, dar unha resposta unitaria ante calquera agresión ós nosos dereitos. Un espazo plural, aberto a todas aquelas que queiran sumar esforzos.
Sábado 22 de outubro
de 10h a 20h
Local
Casa da Xuventude
Praza do Matadoiro
15703, Santiago de Compostela