Que foi a Coluna Sanfins?
O primeiro vídeo en que se explica a visión xeral do proxecto e un segundo en que facemos destaque das persoas que, por un motivo ou outro, foron importantes no sindicato mineiro e na Coluna Sanfins.
Por que?
O monumento popular pretende homenaxear e resgatar esta historia de dignidade e resistencia pouco coñecida e salientar que si existen numerosos exemplos de resistencia na Galiza, en contra do que costumamos ouvir por aí.
A campaña
Xa comezaran a chegar as primeiras aportacións, máis son precisos máis contributos para que entre todas e todos, co noso grao, se poida levar a cabo esta homenaxe.
Os atos terán lugar no próximo domingo, dia 30, a partir das 11h nas minas de Sanfins (Lousame), mais que para participar na campaña de financiamento hai o que resta de mes e o seguinte.
Queres botar unha mao?
Tamén será de grande axuda a difusión, por email, redes sociais, amizades e todos os medios que se ocorran.
Mais info: