Até non hai moito tempo era do máis normal entrar nunha taberna de Marín e atopar xente compartindo momentos mentres cantaba cancións populares. Esta tradicion, por desgraza, foise perdendo nos últimos tempos e nós queremos rememorar esas experiencias, e ogallá actividades como estas, que se organizan en diferentes localidades da nosa Terra serviran para recuperar unha tradición do máis fermosa.
Xa sabedes, o venres día 13 de maio vinde con ganas de cantar. Ás 21:00h. estarán na Adega da Capeleira, e ás 22:00h. na Taberna La Navarra. A entrada é de balde.
Nesta primeira ocasión contarán coa presenza de Maravallada. Maravallada é un grupo dunha gran calidade cun repertorio baseado na música tradicional, afincado en Pontevedra, e está composto por cinco mozas e tres mozos.