Continuan os actos en solidariedade co compañeiro Diego, vítima dun proceso xudicial inxusto. "Por mor dunha montaxe policial Diego enfróntase a unha petición de varios anos de cadea e máis de 15000 euros de responsabilidade civil; tan só por participar nas reivindicacións, e loitar por unha vida digna para todas" - explican da Asemblea Aberta de Coia.
Co obxecto de continuar xuntando os cartos colectivamente organizan este concerto no que poderedes disfrutar da música de Saúl Zaitsev, Pipe Díaz e Nano Selektah. A entrada é de balde e haberá comida e bebida a prezos populares.
"Pola xustiza social. Contra o estado policial. Porque Diego poderíamos ser todas, acude e colabora!".