Os sindicatos denuncian a Consellería de Sanidade por pretender establecer uns servizos mínimos claramente abusivos. O colectivo de Farmaceúticos Inspectores de Saúde Pública se sente dobremente discriminado, primeiro por ter unha estrutura deficitaria que reduce a capacidade de execución ante situacións de risco para a saúde, e pola imposición por parte da Consellería, dunhos servizos minimos abusivos, para xustificar un funcionamento que de xeito ordinario acostuma a desatender.
Con estes servizos mínimos abusivos impiden e reduce o dereito a folga, na que só se deberían establecer o número minimo de efectivos para cubrir as necesidades no caso de que existise algunha situación de risco inminente para a saúde pública. Ademais actua como un piquete esquirol, presionando aos traballadores do Laboratorio de Saúde Pública de Lugo para realizar quendas de garda na fin de semana, que en circunstancias ordinarias non se realizan.
Resulta lamentable a actuación do goberno de Feijoo, que en vez de negociar co persoal inspector impón horas extras ilegais ao persoal do Laboratorio. Neste senso o colectivo dos inspectores farmaceuticos, denuncian que a estratexia esgrimida pola Consellería, parece mais enfocada a afogar a folga que van levar a cabo os farmaceuticos, en demanda de revindicacións xustas e xustificadas, que en velar pola Sanidade Ambiental do conxunto da cidadanía.
Noutras situacións comprometidas para a saúde pública, a Consellería de Sanidade nunca fixera uso deste Servizo na fin de semana, comprometendo en moitos casos a saúde dos cidadáns. E agora, diante dunha folga legal, pretende boicotela, primeiro con servizos abusivos e despois con practicas propias de esquirolaxe.
Diante do posicionamento inamovible, adoptado pola Conselleria de Sanidade, as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT vense na obriga de denunciar diante dos tribunais a fixación dos servizos mínimos abusivos e deproporcionados, impostos pola Consellería.