Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 24 Abril 2016 13:00 Última modificação em Domingo, 24 Abril 2016 22:39

Com a revoluçom, contra a Lei de Impunidade e a ingerência estrangeira na Venezuela

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Direitos nacionais e imperialismo / Fonte: Mar de Lumes
O pasado 19 de abril, no marco da xornada mundial de solidariedade coa Revolución Bolivariana, Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, xunto con outras setenta organizacións sociais e políticas galegas e do resto do Estado español, Mar de Lumes asinou o manifesto que reproducimos a continuación:

MANIFESTO POLA VENEZUELA BOLIVARIANA

Xornada mundial de solidariedade coa Revolución Bolivariana

Diante da escalada das agresións imperialistas contra o pobo venezolano e o seu lexítimo goberno, encabezado polo Presidente Nicolás Maduro, as organizacións e colectivos de solidariedade coa Revolución Bolivariana estamos na tarefa de articular esforzos para levarmos adiante accións que sirvan para combater tal arremetida. Neste sentido incorporámonos ao chamado do Foro de São Paulo para que o 19 de abril sexa unha xornada mundial de solidariedade con Venezuela.

Neste proceso de agresión enmárcase a renovación da Orde Executiva ditada polo Presidente dos Estados Unidos de Norteamérica, Barack Obama, que insiste en declarar Venezuela como unha ameaza inusual e extraordinaria á seguridade nacional e á política externa dos Estados Unidos. A axenda de desestabilización chamada "Operación Venezuela Freedom-2", asinada polo almirante Kurt Tidd, actual xefe do Comando Sur, datada en 25 de febreiro de 2016, deixa claro que non se contempla, na realidade, "saída eleitoral" ningunha contra o goberno de Nicolás Maduro. A saída, de concretarse, sería violenta.

No plano interior, esta axenda ten os seus axentes executores dentro da ultradereita golpista. Recentes asasinatos selectivos de dirixentes chavistas, intento de reactivación do terrorismo (guarimbas) que xa provocou o asasinato de dous policías e a recente aprobación, pola maioría opositora da Asemblea Nacional, da mal chamada "Lei de Amnistía" co apoio entusiasta, no Estado español, do Partido Popular, o PSOE e Cidadáns, así como de numerosas figuras políticas.Esta "Lei da Impunidade", que xa foi declarada inconstitucional polo Tribunal Supremo de Xustiza de Venezuela, busca perdoar até 50 tipos de delitos cometidos "desde o 1 de xaneiro de 1999 e até a entrada en vigor da Lei", é dicir, nos períodos de goberno de Hugo Chávez e de Nicolás Maduro, e sempre que se tivesen "cometido pola participación en manifestacións ou protestas" dirixidas "a mudar a orde institucional ou o goberno estabelecido". As accións violentas cometidas a día de hoxe pola oposición, destinadas a derrocar o goberno, ficarían impunes. Mesmo delitos como o "tráfico de drogas de menor contía" ou "fraude, estafa e usura na construción de vivendas" están incluídas na lista.

Chamamos á denuncia internacional desta Lei da Impunidade, e esiximos que cese a inxerencia do goberno español contra Venezuela e a súa conivencia coa dereita golpista.

A guerra económica, mediática e política que sofre Venezuela non é illada. É parte do intento de restauración neoliberal que vive toda América Latina, con Brasil como outro dos escenarios de intervención.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar