Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 15 Novembro 2016 17:53

STEG denuncia monopólio no fornecimento de gasóleo aos centros educativos galegos

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Resenhas / Fonte: STEG

O STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza)  vén de saber que, en relación ao abastecemento de gasóleo para os centros do ensino público, a Consellería remitiulle unha circular aos centros onde especifica, no seu punto 1º o seguinte:

"Os centros educativos incluídos na contratación centralizada non poderán facer pedidos de gasóleo nin solicitar orzamentos a outras empresas non incluídas como adxudicatarias no seu correspondente lote. O incumprimento desta instrucción podería supor o incumprimento dun contrato público ademais da posible falta disciplinaria.”

Até aquí e mesmo con moitas reservas (polo ton do escrito, polo cuestionábel do seu contido) podería entenderse que habendo empresas dabondo participando dese convenio coa Consellería, se instase os centros a negociar coas empresas subministradoras incluídas no mesmo.

O STEG pensa que o problema vén cando, coma no caso por exemplo das comarcas de Ortegal, Ferrol, Coruña, Bergantiños, O Condado, O Morrazo, O Salnés, Os Ancares, Chantada, Fonsagrada, Mariña Occidental e Oriental, Allariz, Maceda, Terra de Caldelas, O Carballiño, entre outras, onde se inclúen os seus centros correspondentes, só contan cunha soa empresa subministradora, véndose os mesmos na obriga de contratar o subministro do gasóleo independentemente do aforro do que se puidese beneficiar contratando o servizo con outra empresa da contorna.

Logo de que o STEG examinase polo miúdo os documentos correspondentes aos setenta lotes en que se distribúe este convenio da Consellería, obsérvase que en case 30 deles, que inclúen unha inxente listaxe de centros, só se dispón dunha única empresa subministradora, o que na práctica equivale a favorecer o monopolio de determinadas empresas no subministro aos centros.

O STEG vén de saber, ademáis, que os centros teñen que facer pedidos de combustible os días en que máis caros se ofertan, o que non permite aforrar, detraendo recursos que poderían ser investidos en cuestións fundamentais doutra natureza.

Independentemente das explicacións que ofreza a Consellería, esta circunstancia anteriormente descrita vén a se encadrar nun mesmo modus operandi, ao igual cá xestión dos comedores, a concesión das grandes obras de mantemento, a xestión do transporte escolar ou noutro nivel de influencia, pero igualmente cuestionábel, o "cobro" por parte das grandes distribuídoras de contidos audiovisuais; en definitiva e segundo o criterio do STEG todo ben propio da ideoloxía neoliberal, consistente en contribuír ao afogamento do pequeno comercio e dos negocios de ámbito local en favor das grandes empresas, mesmo das transnacionais.

Finalmente, o STEG critica o marco deste convenio, que non contempla o fornecemento do tecido socioeconómico das comunidades educativas onde se inscribe a actividade de cada centro educativo, prescindindo do interese xeral e do ben común en favor de determinados intereses duns poucos.

Igualmente o STEG demándalle á Consellería que proceda a eliminar este tipo de prácticas que son contrarias a unha concepción democrática e igualitaria na xestión dos recursos económicos públicos e que modifique as condicións do mesmo no camiño de ofrecer máis dunha alternativa aos centros abastecidos.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar