Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 16 Novembro 2016 13:13 Última modificação em Quinta, 17 Novembro 2016 19:42

CIG denuncia paralisaçom dos concursos públicos na Junta

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

Que pasa coas oposicións aos corpos xerais da Xunta? Dende fai semanas a CIG está "a recibir moitas queixas, e con razón", sobre o lento desenvolvemento dos procesos selectivos de Corpos Xerais da Xunta de Galiza. Ao xa de por si indeterminado tempo que pode transcorrer entre a publicación da Oferta de Emprego Público e a da convocatoria, únese a inconcreción nas datas de realización dos exercicios e o exceso nos prazos entre cada un destes.

Os procesos máis afectados polos atrasos son:

  • A2 promoción interna: segundo exame 27 de xullo e aínda sen notas; xa pasaron os prazos do terceiro (galego).
  • C1 promoción interna: segundo exame 14 de xullo e notas o 7 de outubro con modificación posterior o 14 de outubro; non hai nada do terceiro exercicio (galego) e xa pasaron os prazos (mesmo a ampliación concedida por Función Pública).
  • C2 promoción interna: segundo exame 22 de xullo e notas o 29 de setembro; non hai nada do terceiro exercicio (galego) e xa pasaron os prazos (mesmo a ampliación concedida por Función Pública)
  • C2 libre: primeiro exercicio 15 de xullo e notas o 29 de xullo; o segundo estaba previsto desde setembro para esta primeira quincena de novembro; incumprido.
  • A1 promoción interna: aínda non están publicadas as notas do segundo exame realizado o 28 de setembro e en breve incumprirán tamén o prazo para realizar o terceiro exame, previsto para a segunda quincena de novembro; o 16 de setembro ampliaron o prazo por 20 días.

A CIG vén de protestar diante do director xeral da función pública pola paralización da maioría destes procesos e demanda axilidade na súa realización. Dende función pública botan balóns fóra e culpan aos distintos tribunais polo atraso. "Non abonda con promesas de darlles un toque de atención", di a CIG.

Cumprir os prazos é fundamental pois non facelo xera inseguridade xurídica nos opositores e fai que esta incapacidade da Administración galega obrigue a suplir a súa falta de planificación cos meses e anos da vida persoal e familiar dos opositores porque nunca saben cando van ser os exames con precisión.

En canto ao atraso específico do segundo exercicio do C2 chéganos a información de que está relacionado coa vindeira adquisición de 450 equipos informáticos por parte do AMTEGA. A escusa resulta novidosa pois ata agora afirmaban que era cuestión das vacacións do tribunal. En todo caso, resulta incrible a pouca planificación de convocar un proceso sen prever e ter o equipamento necesario. Por non falar de que pasou cos equipos que viñan utilizando na última convocatoria ou na proba informática do C2 de promoción interna.

Desde a CIG non cren que a solución global pase por puntuais chamadas de atención aos distintos tribunais que se exceden dos prazos, que é a tónica xeral. Primeiro habería que pór prazos globais máximos e dotar dos medios suficientes para cumprilos.

O camiño que segue a Xunta con estes adiamentos non é novo; nada cambiou dende que se fixeron as primeiras oposicións nos anos 90. Nunca se sabe cando se publicará a Oferta de Emprego Público; moito menos cantos anos máis tarde sairá a convocatoria de proceso selectivo; e despois de convocado seguen as continuas dilacións na súa execución. Neste senso, axudaría ter Comisións Permanentes de Selección.

A sensación xeral é que manda a impunidade, que a realización das oposicións chegan cando chegan e nada se pode facer por planificar a súa execución. A CIG ten valorado tomar medidas xudiciais, pero esta vía ten moi poucos visos de ser a solución: o feito de denunciar no xulgado a demora nos procesos selectivos, a efectos prácticos non se vai conseguir nada porque cando o xuíz/a resolva sobre o incumprimento dos prazos probablemente o exame xa estea feito. E porque sempre se corre o risco de que o xuíz/a anule todo o proceso selectivo, risco que ninguén quere asumir, as persoas participantes no proceso as primeiras.

Función Pública vai moi ben a golpe de procesos electorais. E cando non hai votacións á vista, dilata e atrasa os procesos ao máximo, porque mandan máis as autolimitacións orzamentarias que a necesidade de recursos humanos.

En calquera caso, desde a CIG seguirán "esixindo previsión e axilidade na realización dos procesos selectivos na Administración Autonómica e medios para conseguilo, o cumprimento dos prazos, a esixencia de responsabilidades, así como solicitando a modificación da designación dos tribunais".

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar