Fai menos dun mes insistían da MIBG en poñer en coñecemento público as consecuencias que o deficiente modelo de emerxencias de Galicia supón, con motivo dunha intervención nun incendio residencial en Os Tilos, concello de Teo, que tivo que ser atendido por Bombeiros de Santiago vulnerando o seu ámbito competencial e asumindo responsabilidades que non lles corresponden para tentar evitar as graves consecuencias que seguir expresamente a legalidade podería supor para a vida e integridade da cidadanía.
A Mesa Intersindical De Galicia ve nos problemas de atención do sinistro de Fandicosta un exemplo da «irresponsabilidade» das administracións públicas en materia de emerxencias. A Mesa acusa a Xunta e as deputacións de manteren un sistema «esencial» fraccionado entre diferentes empresas privadas, sen regulación homoxénea, sen un mando único e sen coordinación entre dispositivos. A esta situación cómpre engadir a do 112, que se atopa «privatizado e precarizado».
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759