Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 30 Mai 2016 15:50

Deficiente gestom de emergências da Junta da Galiza gera demoras em acidente múltiplo em Vedra

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: MIBG

Fai menos dun mes insistían da MIBG en poñer en coñecemento público as consecuencias que o deficiente modelo de emerxencias de Galicia supón, con motivo dunha intervención nun incendio residencial en Os Tilos, concello de Teo, que tivo que ser atendido por Bombeiros de Santiago vulnerando o seu ámbito competencial e asumindo responsabilidades que non lles corresponden para tentar evitar as graves consecuencias que seguir expresamente a legalidade podería supor para a vida e integridade da cidadanía.

Neste mes escaso volvemos a ter outro exemplo das graves consecuencias da descoordinación que o incumprimento da lexislación vixente por parte da Xunta provoca, o incendio de Fandicosta. A espectacularidade do sinistro, así como as evidentes eivas na súa xestión polos organismos supostamente responsables provocaron o amplo impacto mediático. A raíz deste último sinistro, amais de insistir na orixe da problemática, dende a Mesa Intersindical puxeron o foco en que non é cuestión de casos illados e mediáticos, senón que son casos que se dan con frecuencia, e que pese a ser menos espectaculares, poñen en risco día si e día tamén a vida e integridade da cidadanía, que cre dispoñer dun servizo que na realidade se lles está a negar.

Nesta ocasión volveu a acontecer nas inmediacións da capital de Galicia, no concello de Vedra, onde ata cinco vehículos se viron implicados nun accidente de circulación, requirindo un dos accidentados de intervención de bombeiros para a súa excarceración. Unha vez mais, o mapa de emerxencias establecido pola Xunta supuxo mobilizar ao parque de Ordes, cun tempo de resposta de mais de 30 minutos e mais de 40 km. de distancia. Non foi ata aproximadamente 25 minutos despois, probablemente ante a insistencia dos alertantes por non ter chegado aínda a asistencia, que dende o 112 se da comunicación (insistimos, dáse comunicación, non se mobiliza) ao parque de Santiago de Compostela, a uns 13 km. e cun tempo de resposta de pouco mais de 10 minutos. Como resultado, unha persoa que podería ter recibido a asistencia precisa en tempo razoable tivo que esperar case o triplo a que a chegase a primeira dotación en condicións de actuar.  Minutos de atraso que son vitais, tanto nas posibilidades de preservar a vida dun accidentado como na gravidade das consecuencias que das feridas teña sufrido. Secundariamente, a non coordinación dos medios mobilizados supuxo trasladar a totalidade da dotación que cubriría a comarca de Ordes e mais da metade dos efectivos de Santiago, o que redunda nunha falta de cobertura dunha extensa comarca e unha merma na capacidade de resposta inmediata no concello de Santiago.

Vólvese unha vez mais a facer depender a vida e integridade das persoas dunha distribución ilóxica da resposta en emerxencias, e de que os profesionais que damos dito servizo asumamos a responsabilidade de actuar de acordo a principios éticos aínda que vaian en contra da legalidade.

"Seguimos a sufrir un sistema que non garante o servizo á gran maioría da poboación, insuficiente e non coordinado, mentres os principais responsables incumpren de forma reiterada o establecido na Lei de Emerxencias do 2007. Mais ben ao contrario, na súa fuxida cara adiante escúsanse, reparten responsabilidades entre os profesionais que día a día fan que pese a todo se poida dar un servizo, e limitan a súa revisión do modelo a unha posible análise dos protocolos. Non hai protocolos que vallan cando non hai unha infraestrutura coordinada, clara e suficientemente dotada. Non hai mellora posible cando se anula e desprezan as críticas construtivas e os aportes que dende o colectivo vimos poñendo dende fai anos enriba da mesa. E moito menos pode haber confianza na mellora do sistema cando dende o principal garante da legalidade se leva case dez anos ignorando a Lei de Emerxencias" - din da MIBG.

Lembran unha vez mais que, mais aló de posibles solucións locais, como podería ser no caso de Santiago, na citada Lei de Emerxencias de Galicia aprobada o 2007, a Xunta dábase unha marxe de tres anos para homoxeneizar as prestacións e condicións de traballo en todo o territorio de Galicia dos servizos de extinción de incendios e salvamento, seis meses para elaborar un plan director dos servizos contra incendios e salvamento que definise o modelo de reordenación territorial e a súa estrutura operativa, e un ano para a elaboración dun regulamento do bombeiro profesional. Nada diso se fixo, facendo mesmo mais heteroxéneo o sistema inventando novos servizos intervenientes, nin se deu resposta ao colectivo profesional cando solicitou iniciar os procedementos e aportou as súas propostas.

"Mentres os responsables non cumpran coas súas obrigas, os bombeiros seguiremos a ter que soportar responsabilidades que non nos corresponden, non poderemos coordinar con efectividade as actuacións conxuntas, e os cidadáns (nos tamén o somos!) recibiremos un servizo ou outro simplemente en función de que vivamos a un ou outro lado dun regato que delimite ámbitos de actuación" - frisan.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar