O CETA pon en perigo sectores coma o de vacún de carne ou o lácteo, ao tempo que será un revulsivo para o avance da minaría destrutiva.
O S.L.G denuncia os escandalosos beneficios da multinacional Lactalis conseguidos á costa de levar á ruína as granxas de leite galegas.
Dende COAG e SLG farán un seguimento da denuncia tamén a nivel da CNMC.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, xunto con Andoni García, da Executiva de COAG, mantiveron hoxe, 9 de maio, un encontro en Madrid co director da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), José Miguel Herrero, para facilitarlle a documentación necesaria para que inicie unha investigación sobre a compra a perdas de leite ás granxas galegas no último ano. Ademais, Isabel e Andoni solicitaron do director da AICA que estudie a posibilidade de elevar a denuncia á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) e ás autoridades competentes da Xunta.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759