[Roberto Laxe] O prezo da electricidade disparouse neste mes de xaneiro, un do de máis consumo, un 50%, a pesar de que o goberno mantén conxelada a parte da tarifa que lle corresponde, os impostos e subvencións que a gravan. Esta disparatada subida súmase á que xa se produciron desde a privatización da enerxía eléctrica polo goberno de Aznar.
O hipócrita anuncio da lotaría de Nadal deste ano onde unha señora maior tenta emocionarnos só consegue indignarme, considero que este tipo de anuncios na actual situación son unha mostra de hipocrisía, cando na vida real permitimos que os nosos maiores e as nosas nenas e nenos pasen frío, ou morran nun incendio provocado por unha vela que ilumina o seu fogar ou unha fogueira que tenta espantar o frío do inverno.
O pasado 21 de decembro houbo mobilizacións en diferentes puntos do Estado coa fin de rematar cos cortes da subministración básica nos fogares sen recursos suficientes e os abusos tarifarios das empresas eléctricas.
As organizaçons galegas assinantes do manifesto NOM MAIS CORTES DE LUZ, que assinam mais de 50 organizaçons em vários países do Estado espanhol todo o estado figêrom ontem (20) um chamado a participar na mobilizaçon que haverá hoje (21) para denunciar "os abusos das elétricas e a situaçom de pobreza energética", que afeta sete milhons de pessoas em todo o Estado. Às organizaçons propriamente galegas aderirom as sucursais autónomas de diferentes organizaçons espanholas.
Será em Ferrol, dia 21, às 19:00.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759