Moito tempo perdido en loitas internas
O proceso aberto onde se pretendía a unificación do movemento estudantil galego Asembleas de Base, que tiña comezado a comezos do pasado ano académico, rematou por afondar a súa división no inicio do 2017. Neste integrábanse dende organizacións nacionalistas como comités, Liga Estudantil Galega (apoiadas polo BNG) e AGIR (sección estudantil do xa entón extinto partido NOS-UP), ata organizacións estudantís próximas a EU, como Acción Universitaria, Anova, Xeira, así como outras organizacións, activistas e estudantís independentes con vontade de loitar. Aprobáronse por case unanimidade os obxectivos desta iniciativa sobre propostas baseadas na defensa dunha educación pública e de calidade, a abolición das las leis aprobadas polo Partido Popular no goberno, así como na defensa da lingua e cultura galegas.
Sucedéronse disputas internas de carácter político nun 2016 con moitos procesos eleitorais, os cales priorizáronse sobre a loita social en moitas organizacións políticas. Despois dun primeiro acordo programático de mínimo, “Asembleas de Base” non seu centrou na realización dun plan de loita estudantil para cumprir os seus obxectivos. De feito, ese ano só se convocou unha folga o 13 de Abril. Finalmente os nacionalistas máis achegados ao BNG acabaron por crear ERGUER, á vez que os sectores máis afíns a Anova fundaron ANEGA.
O movemento actual
Por outra banda, daquela o Sindicato de Estudantes xa ía tempo que tiña sido deslexitimado polo estudantado galego. Ao adoptaren unha postura moi burocrática de convocatorias unilaterais sen preparación, un sectarismo acusado e accións de colaboración coas forzas do orde nas folgas dos pasados anos. Referímonos aos episodios dunha folga do 2014 en Vigo, onde estudantes da Asemblea de Estudantes de Vigo foron reprimidas polas forzas policiais, ata seren ao fin liberados poucos días despois. O SE emitiu un comunicado criminalizándoos e acusándolles de “rebentar” a manifestación. Unha traizón clara que fíxolles case desaparecer.
Porén, o espazo que deixou baleiro o duro enfrontamento do resto de tendencias no movemento no curso 2015/2016, deulle un espazo ao SE para a un nada desprezable cifra aproximado de 5.000 estudantes, na primeira convocatoria de folga deste año, o 26 de Outubro. O que se pode explicar polo excelente intre na que foi convocada, na investidura do PSOE ao goberno do Partido Popular e a natural combatividade dos estudantes máis xoves, que non teñen experiencia das pasadas accións do SE, mais teñen espírito de loita polos seus dereitos.
A próxima folga do 16 de Febreiro están de volta inmersa en acusación mutuas de convocatoria unilateral e falta de apoio, cara ERGUER e ANEGA, respectivamente. Sen entrar a deliberar sobre quen ten a “culpa” da actual división do movemento estudantil, o certo é que esta folga anunciouse e preparouse con pouco tempo de antelación. Porén, apoiamos a convocatoria, xa que coidamos que é preciso enfrontar os ataques do goberno coa loita nas rúas.
Os ataques do capital
Esta folga se presenta principalmente contra la LOMCE e o 3+2, ambos duros ataques contra os estudantes secundarios e universitarios, que elitizan la educación e afondan no proceso de privatización e supeditación do ensino público aos intereses do gran capital. Aínda que o goberno ten intentado desviar a mobilización, a LOMCE podería entrar este ano en vigor.
A LOMCE reedita as reválidas franquistas que se producen dende a primaria ata a selectividade. Aplica avaliación da materia de relixión, desaparece a obrigatoriedade da materia de música en primaria e a troncalidade de filosofía no Bacharelato. Desaparecen PCPI e créase a formación profesional básica, incorporando maior carga docente á empresa, afondando no modelo de prácticas non remuneradas. As universidades terán dereito a esixir requisitos de aceso particulares, como o expediente no Bacharelato, as modalidades e especializacións escollidas, ou a formación complementaria. Os centros concertados aumentarían a súa financiación á vez que os públicos a verán reducida, poidendo o alumnado elixir estudar integramente en castelán. En definitiva, unha lei segregadora, clasista, sexista e españolizadora que hai que erradicar.
Pola súa parte o 3+2 pretende continuar o modelo do Plan Bolonia reducindo o número de cursos a tres, tendo que afrontar o estudantado os pagos de 1 ou 2 masters, cun prezo moito máis elevado para obter expectativas laborais.
Que programa e que plan de loita? Pola fronte única na loita estudantil?
En Galiza o movemento estudantil xofre unha división na acción que lle impide avanzar e conseguir vitorias. Tanto nas organizacións estudantís, que non se poñen da cordo para fixar xornadas de mobilización conxuntas, como entre os estudantes de instituto e universidade, que non unen as súas reivindicacións para enfrontar xuntos os ataques á educación. Por iso propomos unha fronte única de todas as organizacións estudantís contra as reformas educativas. É por iso preciso erguer un programa de reivindicacións, entre as que podemos salientar as seguintes:
-
Económicas:
-
Expulsión de todas as empresas y bancos da universidade, así como das empresas concesionarias de servicios, recuperando a súa xestión pública.
-
Abolición da LOMCE, Plan Bolonia, o 3+2, e resto de medidas neoliberais. Estudos universitarios e de todos os niveis educativos.
-
Creación dun sistema de bolsas ampliado para o conxunto das necesidades académicas ou de transporte para aqueles que teñan que cambiar de localidade para cursar seus estudos. Recoñecemento de todos os dereitos dos bolseiros e a mellora de súas condición laborais. Prácticas remuneradas.
-
Servizo de balde de reprografía para as fotocopias propias de materias e de un 1 céntimo por copia para o resto.
-
Reincorporación dos profesores e traballadores despedidos como consecuencia da política de recortes. Non a máis despidos.
-
Democráticas:
-
Representación estudantil na universidade de polo menos o50 %, o resto de PAS, profesorado, PDI y traballadores de servizos. Eliminar a obtención de créditos por cargos de representación para evitar o arribismo.
-
Revocabilidade dos cargos por quen os elixira, que sexa posible iniciar co 30 % da participación nas elección, esixindo a convocatoria eleitoral se así se precisara.
-
Prohibición rotunda de convocar exames e prácticas obrigatorias en xornada de folga.
-
Culturais:
-
Defensa da lingua e cultura galegas, discriminadas pola LOMCE y con pouco peso na universidade. Unha maior inmersión lingüística dende os niveles educativos básicos ata a universidade, permitirá que se expanda co tempo o seu uso, dándolle ao galego maior presenza científica e técnica.
-
Faltan espazos para as iniciativas estudantís na Universidade. Hai restricións para a celebración de concertos, redución de taboleiros para a información de carácter cultural o político. Queremos una universidade onde a maioría, os estudantes poidan expresar as súas ideas e inquietudes, una universidade que sexa garante dunha formación non só académica, se non tamén cultural e social que permita o desenvolvemento de todas as capacidades mentais e físicas dos individuos. Chea de debates, discusión, arte, cultura , música e outras actividades diversas xestionadas polos estudantes e conectada coas preocupacións sociais. Non queremos unha universidade autoritaria e triste, onde a propaganda empresarial, o individualismo, a apatía e competitividade dominan unha paisaxe que nos deixa sen futuro. Esa universidade que moitos chegan a odiar.
Por outra parte, existen reivindicacións locais, como pode ser o caso do deficiente e caro servizo do transporte en Vigo, monopolizado pola empresa Vitrasa. Aquí os estudantes teñen que abonar 200 euros máis ao ano, sumado ao coste de la matrícula, para poder estudiar xa que o campus universitario está alonxado do centro y solo se é posíbel acceder mediante autobús ou carro. Outras moitas reivindicacións locais poderían ser engadidas polos estudantes, que así se poden animar máis á loita e organizarse nos seus centros de estudo.
Ademais, ao tempo que propomos unha fronte única non deixamos de denunciar a complicidade da burocracia sindical traidora na aprobación destas leis, a realización de despidos e os recortes, ao non presentaren case ningunha batalla contra estes ataques. Tamén denunciamos á casta universitaria que, pechados na súa torre de marfil non queren ver os danos que estes novos plans xeran na inmensa maioría. A fronte única non implica pregarse ás vontades dos principais partidos ou sindicatos, se non que se trata de esixirlles, dende as asembleas soberanas por centro e facultade, a convocatoria de folgas e compromiso de loita contra os ataques do goberno e o capital.
Polo tanto, é imprescindíbel unha maior intensidade das mobilizacións, así como a unidade obreiro-estudantil e con outras causas sociais. De cara á seguinte folga, o 9 Marzo, a intervención do estudantado nas mobilizacións da xornada do 8 de Marzo, día da muller traballadora sería moi positiva neste senso. Por outra banda, o apoio á folga dos estibadores convocada para a semana do 20 de Febreiro, podemos tamén dar a forza que precisamos para acadar vitorias.