Europa exporta a Canada principalmente maquinaria e industria química e farmaceútica (a recente compra da estadounidense Monsanto pola alemá Bayer, traslada o peso desta industria ao “vello” continente), mentres Canadá vende en Europa minerais e tamén maquinaria; ademais, os bancos europeos, con Deustche Bank, o BSCH, a BNP, ou o BBVA, e todo os negocios que controlan (desde sanidade privada alemá -o grupo Helions- até industria da enerxía, Manuel Jove é un dos principais propietarios da industria da enerxia canadense) conforman o principal “activo” dunha economia, a da UE, que constitúen o principal bloque económico do mundo, por encima da EE UU, aínda que cos pés politicos de barro.
O acordo entre a UE e Canadá é un tratado entre dúas potencias imperialistas, que buscan desregularizar as súas economías ao servizo dos seus grandes multinacionais financeiras e industriais. Por iso, soan a estrañas as critícas que un sector da esquerda fan ao CETA coma se fose unha colonización dunha Europa “social” por un inimigo imperialista, neste caso o Canadense. Non é así, a UE é unha arma do imperialismo europeo contra a clase traballadora europea e contra os pobos do mundo e esta claro que o CETA benefícialle, cara fóra, destruíndo competidores, e cara dentro, con “xustificacións” que lle permitan seguir atacando os dereitos sociais e laborais na UE.
Segundo Socialist Action, organización trotskista canadense, que rexeita obviamente o CETA, afirma que se aprobarase, miles de postos de traballo en Canadá desapareceran (semella, é a provincia de Ontario onde mais sufrirían), porque a competencia dos produtos europeos destruiranos. Da mesma maneira que os compañeiros e campañeras de SA denuncian isto, nós na Unión Europea debemos denunciar que as multinacionais europeas o que buscan con este tipo de Tratado de Libre comercio é ter as mans libres para deslocalizar e desregularizar todos os sectores.
O CETA é a confirmación de que a globalización capitalista, eufemismo de imperialismo capitalista, é nefasta para os dereitos laborais e sociais dos pobos. O capital, na súa procura dunha alternativa á crise detonada no 2007, e da que aínda non saímos, busca con estes tratados, TTP en Asia, o TTIP entre a UE e a EE UU, o CETA entre a UE e Canadá, recuperar a taxa de ganancia sobre a base do aumento da explotación da clase traballadora e o desmantelamento das súas conquistas sociais (o chamado Estado do Benestar), agudizando as contradicións entre eles. Pretenden que os traballadores e traballadoras canadenses, golpeados polo CETA, enfróntense aos seus compañeiros e compañeiras europeos, tambien golpeados polo mesmo acordo. Posto que é un acordo entre capitalistas de ambos os lados do charco, de non ser derrotado só vai ter un vencedor, o capital transnacional.
Fronte a esta desregulación fomentada desde os poderes financeiros e industriais, europeos e canadenses, (como o TTIP cos EEUU) xurdiron algúns sectores dos capitalistas nacionais, en crises polas medidas desreguladoras, e incapaces de sumarse á globalización imposta polas transnacionales, que gritan pola recuperación da “soberanía nacional”, pola repatriación da industria, polo “proteccionismo”... Son os Trump, Le Pen, a extrema dereita holandesa, británica, etc... Da mesma maneira que a oposición da industria tecnolóxica dos EEUU (Sillicon Valley) á politica inmigratoria de Trump non é altruísta, o 30% da súa forza de traballo son inmigrantes, posto que viven de comprar o “talento” cientifico de medio mundo, o proteccionismo dos Trump e demais non é ideolóxico, é ben concreto: incapaces de competir nun mundo tremendamente competitivo, apostan por pechar as súas fronteiras para, unha vez destruídas as conquistas internas (tanto Trump como Lle Pen son tan neoliberais como os Obama ou os Hollandes), dar o salto á conquista do mundo numha sorte de “nacionalismo imperialista”. Ou alguén é tan inxenuo como para crer que os Trump/Le Pen son menos imperialistas que os seus opositores?. Son dúas maneiras de ser imperialista, nada máis.
A clase traballadora e os pobos de Canada e da UE, dos EEUU e de Francia, non teñen nada que gañar con ningún deles; non teñen porque escoller “entre guatemala e guatapeor”, por iso o rexeitamento ao CETA non se pode facer no nome dunha soberania, a da UE, que é falsa. A UE é un instrumento do grupo de sanidade privada alemá Helios (que comprou o grupo Quiron), da Bayer / Monsanto, do Deustche Bank e os bancos, de Inditex e da VW ou a Renault, para impor recortes a todos e todas; e do CETA sacarán beneficios, porque son os que mandan no mundo.
O rexeitamento ao CETA non é pola “soberanía” dunha Unión Europea construída polas multinacionais do “aceiro e o carbón” (a orixe da actual UE é a Confederación do Aceiro e Carbón), que con CETA ou sen CETA, ataca os direitos laborais e sociais; senón a partir un principio basico de unidade dos pobos de Canada e da UE, posto que como se ve, tanto uns como outros serán golpeados polos mesmos intereses. A nós, como europeos, tócanos rexeitar o CETA porque con el as políticas de recortes e austeridade da UE adquiren rango de “tratado internacional”. Non se pode rexeitar o CETA e non facelo coa UE, o primeiro é parte da loxica neoliberal e capitalista da segunda.
Os cantos de sirena contra o CETA e a mesma UE da extrema dereita son iso, cantos de sirena, que aproveitan a lóxica oposición a un tratado lesivo para todos e todos, ao servizo de ocultar o seu neoliberalismo salvaxe; e os cantos de sirena da esquerda proeuropea, confunden ás poboacións pois xustifican como "social" unha UE tan neoliberal como os anteriores, presentandoa como garantia duns dereitos que atacan todos días, como podemos comprobar coa destrución e semicolonización de Grecia. Desta maneira, abren as portas de pao a pao para que a demagoxia da extrema dereita no rexeitamento do CETA, faga pé en sectores da clase obreira.
Para non caer nun dos dous polos, incluso "xustificando" como "progresivo" aos Trump / Le Pen, como fai un sector dos restos do stalinismo, o rexeitamento do CETA e a ruptura coa UE só pode facerse desde a independencia da clase traballadora fronte a eles, demostrando que son dúas vertentes do mesmo problema, a crise do capitalismo.