Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 14 Abril 2018 14:30

O fracaso do Pacto de Toledo

Avalie este item
(0 votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

O 16 de abril de novo está convocada unha xornada de loita, contra as pretensións da Unión Europea de impor un sistema unico de Pensións en toda a Unión, que só derivaría en dar un paso máis no seu desmantelamento.


Tras a conquista que sería ir cara á unificación do sistema de pensións europeo, o que se esconde é un “produto” -con razón chámanlle así- que como as “preferentes”, só serviria para capitalizar a bancos e aseguradoras, como eles mesmos recoñecen. O mecanismo sería, o aforro dos traballadores e traballadoras nesas institucións privadas prometen que sería para “garantir” unha pensión digna, e mentres non se chega á xubilación, o capital captado sería investido en aventuras financeiras que capitalizaría a pensión.

Os estados garantirían o 40% da pensión, é dicir, coma se fosen non contributivas; e o 60% restante quedería en mans da empresa privada, dos bancos e as aseguradoras; que verían como os seus ingresos para os seus investimentos aumentaría en 700 mil millóns de euros. Un negocio redondo, presentado como un avance na unidade europea!.

E preséntano como unha novidade!. Os chilenos levan meses loitando polo fracaso tan estrepitoso que significou un sistema semellante.
Baixo este criterio “novo”, todas as forzas politicas e sindicais, comezando polos dous grandes sindicatos, CCOO e UXT, puxéronse como obxectivo renegociar o Pacto de Toledo, mantendo o seu criterio basico: as pensións garántense polo aforro dos traballadores / as ao longo de toda a súa vida activa, non a través das contas do Estado. Desta maneira os traballadores / as, para garantirse unha pensión digna, teñen que pagar unha dobre via de impostos, o IRPF e os indirectos (IVE, etc.), e os descontos nas nóminas para a Seguridade Social.

Coma se os traballadores / as non fosen parte do estado os primeiros van destinados a rescatar bancos e autoestradas, e a sufragar os gastos de subvencionar ás empresas nos descontos que lles fan na Seguridade Social, os segundos a aforrar para o “salario diferido” que é a pensión de xubilación; pero todos saen do mesmo sitio, das nóminas, porque é un feito que o 70% da recadación do estado cárgase sobre os asalariados / as.

A politica do Pacto de Toledo, que é o que se quere repetir e estender a toda Europa, dise, é a de ?sacar as pensións do debate político?. A realidade é que isto fracasou estrepitosamente; non tivo máis que chegar unha crise economica como a actual, para que o goberno botase man dese fondo, e roubase o diñeiro que os traballadores / as levaban aforrando toda a súa vida, baleirando a “hucha” das pensións.

E agora dinnos que o sistema ha fracaso; si é certo!. O Pacto de Toledo fracasou e tentar repetilo agora, cando os ingresos dos traballadores / as baixaron exponencialmente pola precariedade introducida polos mesmos que saquearon as pensións, é escribir a “crónica doutro fracaso anunciado”. Pero é que iso é o que queren, que fracase.

Nin CCOO, nin UXT, nin moito menos a patronal e o goberno queren outra cousa que é o que anuncia o plan da Unión Europea, que o 40% da pensión (con sorte) garántase nos pactos, co aforro dos traballadores / as, e o resto se vaia a capitalizar bancos e aseguradores, a través dos Fondos de Pensións Privados.

Isto é o que van renegociar, non outra cousa; por iso é tarefa do sindicalismo de clase, alternativo, que rexeita o Pacto de Toledo e os intentos de reeditalo, construír un movemento desde os afectados, os traballadores / as, que enfronte as politicas actuais dos gobernos, así, en plural, porque os marcos do plan vaise a definir a través dunha directiva da Unión Europea como a anunciada.

Para derrotar estes plans é imprescindible que se somen á loita os que teñen máis da súa media vida por diante, porque o plan non vai dirixido aos que xa cobran unha pensión, ou están preto dela; senón aos que se ten anos para aforrar, os que estan a metade de vida laboral ou a teñen toda por diante. Por lembrar a lema do 15M, “a ti que estás a mirar, tambien che estas roubando”.

En Francia, hoxe, están a desenvolverse grandes loitas obreiras e populares, e un dos seus eixos é a defensa das pensións publicas; posto que Macron, as súas políticas de liberalización non son moi distintas das de Rajoy e os demais, como o demostra o proxecto da Pensión Unica en toda a UE. Avanzar na coordinación destas loitas sería un paso adiante para frear o acordo marco europeo de desmantelamento das pensións publicas.

Debatamos nos centros de traballo e estudo a participación nas mobilizacións e na manifestación do 16 A; de como debemos continuar a loita para frealos, e conquistar a derrogación das reformas das pensións do 2011 e o 2013, do PPSOE.

Galiza, 11 de abril de 2018

Roberto Laxe e Jose Luís Lopez

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar