Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 07 Julho 2016 21:54

Suspendidos en politoloxía

Avalie este item
(0 votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Se non se decataron de que a esquerda só ten opcións do chegar ao goberno, e xa non digamos ao Poder, coa sociedade mobilizada, é que non entenderon nada da historia politica.


A desmovilización social e o culto ao voto como ferramenta do cambio, é patrimonio da dereita.

Á fin e ao cabo, o voto segue sendo relativamente censitario. As revolucións burguesas impuxeron, non o sufraxio universal, senón o censitario, como unha maneira "civilizada" de resolver os problemas entre as fraccións da clase dominante, fronte ao guerrerismo da aristocracia; só podían votar os homes libres e propietarios. A clase obreira, as mulleres e por suposto os escravos, non tiñan dereito ao voto, e só foi tras durisimas loitas que se consiquio o sufraxio universal.

A burguesia, na súa decadencia, gostaria de volver ás súas orixes, como está a facer con outros dereitos conquistados pola sociedade, como a sanidade ou a educación publicas, substituídas polas vellas sociedades filántropicas, hoxe coñecidas como ONGs. Pero o sufraxio universal non poden anulalo por decreto, salvo que instauren unha ditadura, entón búscanse as voltas legais e económicas para limitalo o máis posible.

Leis como a Lei de Partidos, limitacións legais para formalizar candidaturas, e sobre todo, o apoio mediático e financeiro. A burguesia utiliza a lema de "o que non se fala non existe". Só existen aqueles que eles, os propietarios dos medios de comunicación, queren que existan; os demais están excluídos por definición.

Está claro que os medios pon condicións, e a principal é que o discurso do que queira saír nos medios se adecue ao nivel de tolerancia dos medios, de cada un dos que se manifesta as diferentes fraccións do capital.

Este nivel de tolerancia varía entre a extrema dereita e a dereita civilizada, como moito o progresismo liberal; pero está claro que nunca, baixo ningún concepto, os medios en todo o arco ideolóxico, admitirán no seu seo o discurso da unica clase social que pode acabar co dominio dos medios polo capital, a clase obreira.

A clase obreira nunca existe nos medios, son "clases medias pobres", son "excluídos sociais", son "sindicalistas en folga" (coma se as folgas protagonizásena os liberados sindicais), son calquera cousa menos clase obreira.

Dalgunha maneira volvemos ao voto censitario; agora non dunha maneira legal, senón pola via do silencio e os apagamentos informativos.

Os politologos e academicos da politica, que se empolicaron nos cumes das forzas do "cambio", co seu desconcerto ante os resultados electorais, só están a demostrar que deberían estar supendidos na súa carreira, pois desprezan verdades politicas descubertas polos marxistas hai moitos anos, e a principal é que a sociedade está dividida en clases sociais, os que son propietarios (e os seus xestores, técnicos e demais) dos medios de produción e distribución, vivindo das rendas do capital, e os que viven da venda da súa forza de traballo por un salario, é dicir, das rendas do traballo.

Que os medios de comunicación son parte dos intereses dos primeiros, non se lles pode enganar pois ten claro a quen serven, e non regalan nada. É máis, "Roma non paga traidores", e unha vez que os que lles serviron, non cumpren xa ningún papel, desfanse deles como quen tira unha cabicha.

Así que deixemos as explicacións academicas dos acontecementos e vaiamos á realidade. O voto baixo o regimen burgués, no que o individuo como tal enfróntase á sociedade, é un mecanismo que fomenta o conservadurismo das persoas (como eu, un individuo, podo cambiar nada co meu voto, como moito podo evitar males maiores; este é a mensaxe do voto individual), e por iso non serve para cambiar nada; só serve para, en campaña electoral, axitar por outro tipo de sociedade. Só iso.

O voto adquire forza cando é expresión da vontade colectiva da clase obreira e dos pobos; cando co voto refórzase a unidade para loitar contra o sistema a través das asembleas obreiras e populares, da organización colectiva dos oprimidos e os explotados. Neste momento o voto é a reafirmación da vontade de loita fronte ao sistema, que só pode ser derrotado coa acción colectiva.

Fomentar o voto como ferramenta de cambio en se mesmo é o máis reaccionario que pode facer unha forza de promete "transformación" social, pois engana co seu quefacer á poblacion. É coma se a un persoal de traballadores dicir que van construír unha casa con cortauñas... Cada ferramenta ten a súa utilidade.

Estas son cuestións básicas en política, conceptos que o seu desprezo só levan ao desconcerto cando a realidade choca coas fantasias do academicismo.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar