Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 15 Setembro 2016 13:01

BREXIT: outra Europa é posible

Avalie este item
(0 votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

O pasado 23 de xuño, mentres en Francia a clase obreira enfrontaba a reforma laboral do goberno Hollande e a UE, en Gran Bretaña celebrábase un referendo para decidir se seguían na Unión.


A pesar de toda a campaña do gran capital británico, europeo e mesmo norteamericano, unha parte maioritaria da clase traballadora británica votou por saírse da UE.

Está claro que a política timorata do actual dirixente laborista Corbyn, de “nadar e garda-la roupa” ante unha opción que enfrontaba á súa base social, inclinada cara á saída, co aparello do partido, disciplinado ao gran capital, facilitou a tarefa da dereita conservadora e do UKIP, para pór no centro do debate a xenofobia e o racismo, ocultando o verdadeiro motivo.

O certo é que o voto foi contra as políticas neoliberais implementadas desde a época de Thatcher, os seus sucesores, Major e Blair, e sobre todo desde o estalido da crise dle 2007. Que a xenofobía e o racismo mollo un papel central, seria infantil negalo, pero tambien é certo, como afirman moitos, “non todo votante por saír é un racista, pero todo racista votará por saír”; nunha afirmación non exacta, pois as politicas xenofobas contra as persoas refuxiadas foron impulsadas polo goberno europeísta de Cameron.

Gran Bretaña foi xunto coa EE UU un dos epicentros da actual crise, seguidos polo Estado Español, pois foi no tremendamente financierizado Reino Unido onde a burbulla inmobiliaria alcanzou cotas máis grandes, levándose por diante a bancos como o Nothern Rock, nacionalizado e posteriormente vendido, a fondos de pensións, etc. En palabras dun alto executivo do Banco de Inglaterra, “Ao longo dos últimos 160 anos o crecemento da intermediación financeira foi superior, en máis dun 2% anual, ao crecemento global da economía. Dito noutras palabras, o aumento do valor engadido do sector financeiro foi o dobre que o aumento do conxunto da economía, nese período de 160 anos”. Se devandito sector financeiro supuña o 1.5% dos beneficios da economía entre 1948 e 1970, hoxe representa o 15%.

Só foi capaz de navegar na crise dunha maneira distinta ao Estado Español, e os que eles despectivamente chamaron PIIGS, por esa situación “especial” que o imperialismo británico ten na a división internacional mundial, ser un centro financeiro sen grandes industrias, todas ou en mans estranxeiras ou deslocalizadas, e o control da libra, que lle permite absorber unha parte da plusvalía a nivel mundial para sufragarse e facer politicas independentes da zona Euro.

Aínda así, a súa pertenza á UE obrigáballe a disciplinarse, asi fose de mala gana, ás politicas de Bruxelas. Esta disciplina foi a que asociou UE=decadencia, recortes e austeridade; a conclusión non podía ser outra que o triunfo de “saír”, a pouco que a UE cambaleásese: a crise das persoas refugidas puxo de manifesto a aguda crise que atravesa á Unión.

De Grecia a Gran Bretaña, pasando por Francia e os demais

Non é a primeira vez que a UE recibe un pau por parte dos pobos. De feito, cada vez que un estado consulta á poboación a relación coa UE, esta (e o goberno de quenda) recibe unha derrota. Fronte á Constitución Europea, en datos citados por Vicenç Navarro, en Francia votou en contra o 79% dos traballadores manuais, o 67 dos servizos e o 98 dos sindicalizados; en Holanda o 68% da clase traballadora; en Luxemburgo o 69. E non hai tanto tempo, un ano, en Grecia a UE levou un rotuno OXI, que só a traizón da súa dirección, Syriza, revirtiu, pactando as políticas que agora están a converter a Grecia nun protectorado europeo, e en concreto alemán.

Non é desatinado afirmar que a experiencia grega, o rexeitamento ás políticas da UE, pesaron no Brexit, reafirmando o profundo carácter de clase, internacional, da resposta británica.

No fondo, a crise da UE

O Brexit non é a causa da crise da UE, senón unha das súas consecuencias, como o Oxi grego, as mobilizacións francesas...; dito doutra forma, é consecuencia do capitalismo europeo actual que tomo forma xurídica no Tratado de Maastricht e as súas consecuencias de débeda, privatizacións e desmantelamento do Estado do Benestar. Pero é unha forma particular de crise, posto que a burguesía británica sempre tivo unha relación “especial” con Europa, que definise Churchill en 1930, “estamos con Europa, pero non somos parte dela”. Tras a II Guerra, cando GB cede o cetro do mundo á EE UU, a súa burguesia redefine o seu papel e convértese no “socio” europeo da nova gran potencia. Para a EE UU este papel é importantísimo, por iso é polo que Obama fixese campaña polo remain; desta maneira teñen un pé dentro dun conglomerado económico que nalgún momento podería facerlles sombra, ademais de ser unha punta de lanza para as relacións económicas entre ambos os lados do Atlántico: Gran Bretaña como a mortadela do sandwich, ao carón a EE UU no outro Europa, e ambos mantendo Londres como centro financeiro de primeira orde.

Esta relación contraditoria manifestouse non fai nin dous anos, cando o Tribunal de Estrasburgo negou a Frankfurt o dereito a ter a sede dos intercambios en euros, que estaban en Londres (e seguen alí). É surrealista, Londres cunha política monetaria diferente á da zona euro, controla a trasfega financeira en euros. O Brexit ten tambien este compoñente que agudiza as tensións interimperialistas; ao saírse da UE o argumento para manter o centro financeiro do euro na City non se sostén e xa comezaron os movementos para facerse con el.

A UE é unha alianza entre potencias imperialistas contra a clase traballadora europea e os pobos do mundo. A crise do 2007 agudiza as súas tendencias opresoras e explotadoras, e é contra estas politicas que reaccionan os pobos, uns a través dos referendums como gregos ou británicos, outros, como os franceses con folgas e ocupacións; pero en todos os casos a resposta faise de maneira illada. Cada clase obreira, cada pobo, enfronta aos seus gobernos coma se os seus politicas non fosen parte dun plan do capitalismo europeo, senón froito dos problemas nacionais ou estatais.

Da mesma maneira que moitos dos que rexeitan as políticas da UE, non o levan até o final quedándose na mera esixencia da súa rexeneración, sen comprender que a UE é o problema; outros manteñen a oposición a esas politicas dentro dos marcos estatais. Os dous alimentan as saídas racistas e xenofobas, que son as únicas que aparecen ante a poboación traballadora clara e abertamente enfrontados á raiz do problema, a Unión Europea.

Para que o Brexit, o OXI grego, as mobilizacións francesas.... adquiran un carácter verdadeiramente transformador hai que superar o nacionalismo de vía estreita que os atenaza, e o NON á UE ten que ir ligado á esixencia de “outra Europa é posible”, a Europa dos e as Traballadoras e os Pobos.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar