O Cineclube de Compostela celebra a partir das 19:00 horas este sábado 22 de abril a súa Festa de 16 Aniversario. Esta nova edición da celebración anual do Cineclube vai contar coa proxección das curtametraxes O señor Jazz mozo (Young Mr. Jazz, Hal Roach, EUA, 1919), Those were the Days (Those were the Days, Aki Kaurismäki, Finlandia, 1992) e Mentres teñamos a embriaguez (Pourvu qu’on ait l’ivresse, Jean-Daniel Pollet, Francia, 1958) e as actuacións de MounQup, Guateque Escampe e Lamprea Explosiva, ademais do picadiscos DJ Chapaev. Como vén sendo habitual, a festa será no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21). Os concertos terán unha entrada de entre 5 e 8€ (a decidir por cada persoa asistente), destinada integramente aos grupos.
O Cineclube de Compostela continúa a súa programación coa proxección, este mércores 15 de marzo, da ópera prima en cinema de Christian Petzold, A seguridade interior (Die innere Sicherheit, Alemaña, 2000), un filme político e poético que mostra a vida clandestina dun matrimonio de antigos militantes da Fracción do Exército Vermello alemán e a súa filla adolescente. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.
De Coimbra chega The Twist Connection, uma nova banda formada por velhos conhecidos da cena garageira portuguesa: Samuel Silva (The Jack Shits, Los Saguaros, Sonic Reverends) na guitarra, Sérgio Cardoso (É Mas Foice, WrayGunn) no baixo, e Carlos Mendes ‘Kaló’ (Tédio Boys, WrayGunn, Bunnyranch e Parkinsons) na bateria.
O dia 30 de dezembro a Gentalha do Pichel adianta a despedida do ano com um guateque que começará às 21:30. Haverá jantar com pratos e petiscos variados e opçons veganas na ementa para colher energia antes de dançar com os grupos que nos acompanharam.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759