Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 15 Março 2017 00:32

A Segurança Interior, de Petzold, no Cineclube de Compostela

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: Cineclube Compostela

Cineclube de Compostela continúa a súa programación coa proxección, este mércores 15 de marzo, da ópera prima en cinema de Christian PetzoldA seguridade interior (Die innere Sicherheit, Alemaña, 2000), un filme político e poético que mostra a vida clandestina dun matrimonio de antigos militantes da Fracción do Exército Vermello alemán e a súa filla adolescente. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Jeanne, filla de Clara and Hans, dous ex militantes da Fracción do Exército Vermello é unha rapaza que leva toda a vida vivindo escondida. A súa familia vive en Portugal e está a planear a fuxida cara a Brasil, mais cando lles rouban o seu diñeiro terán que volver a Alemaña para tentar conseguir fondos dos seus antigos compañeiros. Mentres os seus pais se encontran cuns ex camaradas reconvertidos en respectábeis membros da sociedade, que renegan do seu pasado, Jeanne vai enfrontarse a toda unha nova vida.

Mestura de filme romántico adolescente, drama de entrada na vida adulta, e thriller político paranoico, con A seguridade interior, o seu primeiro filme realizado en cinema, Christian Petzold revelouse como un dos directores máis intelixentes do comezo de século. Inspirándose nas letras das cancións de Wolfgang Grams, nas que explicaba a súa intención de vivir unha vida normal na clandestinidade, Petzold e Harun Farocki elaboran un guión que, desde o frío distanciamento e a historia familiar, reflexiona sobre a historia da Alemaña de posguerra e posterior á caída do muro.

Dirixida xa co estilo que vai desenvolver ao longo da súa carreira Petzold, aparentemente frío, lento e pouco debuxado, as personaxes de A seguridade interior van debuxándose aos poucos, mostrándonos o meticuloso da estrutura do filme, deixando que o espectador atope o camiño con poucas orientacións. Un camiño que se desvela, nas palabras do director, como unha historia de pantasmas: “Na preproducción de A seguridade interior a idea de “fantasma” estaba moi presente nas miñas conversas con Harun. […] baseándome nesas ideas, comecei a pensar que o cinema xa non conta historias sobre pantasmas: historias de xente que está fóra do amor, fóra do proceso de traballo, xente que xa non é útil para nada.

Nacido en Hilden en 1960, Petzold cumpriu a prestación social do servizo militar nun cineclube no que mostraba filmes a adolescentes con problemas. En 1981 inicia estudos de teatro e xermanística na Universidade Libre de Berlín e de 1988 a 1994 estuda cinema na Academia Alemá de Cinema e Televisión de Berlín.

En 1995 gradúase co filme Pilotinnen, realizado para a televisión, aos que seguirán outros neste medio como Cuba Libre (1996) ou Die Beischlafdiebin (1998). No 2000 estrease no cinema con A seguridade interior, iniciando unha filmografía na que destacan títulos como Wolfsburg (2003), Gespenster (2005) Barbara (2012) ou Phoenix (2014). a súa última obra até o momento. Entre as súas principais influencias está a de Harun Farocki, que foi o seu profesor na Academia de Berlín e ten colaborado con el en numerosas ocasións como coguionista.

A seguinte cuarta feira, 22 de marzo, o Cineclube acolle unha sesión dupla de filmes con participación de escritores. Proxectaranse Filme (Film, Alan Schneider, EUA, 1965), con guión de Samuel Beckett e Un home que dorme (Un homme qui dort, Bernard Queyssane, Francia, 1974), baseada na novela homónima de Georges Perec e en cuxa realización participou o escritor francés.

O filme será proxectado en versión orixinal con subtítulos en galego. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o seu funcionamento, propoñemos unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

MARZO 2017

Mércores 15 de marzo ás 21:30 no Pichel

A seguridade interior

(Die innere Sicherheit, Christian Petzold, Alemaña, 2000, 106', VOSG)

Mércores 22 de marzo ás 21:30 no Pichel

Filme

(Film, Alan Schneider, EUA, 1965, 22', VO)

Un home que dorme

(Un homme qui dort, Bernard Queyssane, Francia, 1974, 77', VOSG)

Mércores 29 de marzo ás 21:30 no Pichel

Mediterráneo

(Méditerranée, Jean-Daniel Pollet e Volker Schlöndorff, Francia, 1963, 42', VOSG)

A orde

(L'ordre, Jean-Daniel Pollet, Francia, 1973, 40', VOSG)

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar