O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, eludiu entrar no fondo da cuestión das concesións privadas dos Parques de Bombeiros, ao non admitir o recurso presentado pola Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia (PBPG) por unha cuestión de prazos “máis que dubidosa”.
Dende o Comité de Empresa de Veicar Lugo, concesionaria dos parques de Bombeiros comarcais de Vilalba, Barreiros e Viveiro, recibiron a denuncia da situación laboral de varios compañeiros, que cumpren coa súa función a xornada parcial de ⅓ de xornada. Isto supón que lonxe das 40 horas semanais que prestan servizo os bombeiros de xestión privada en Galicia, teñen contratos dunha media de 13 horas semanais, coa consecuente precaria situación económica e laboral que isto supón para o 15% dos empregados que esta concesionaria xestiona en Lugo.
Fai menos dun mes insistían da MIBG en poñer en coñecemento público as consecuencias que o deficiente modelo de emerxencias de Galicia supón, con motivo dunha intervención nun incendio residencial en Os Tilos, concello de Teo, que tivo que ser atendido por Bombeiros de Santiago vulnerando o seu ámbito competencial e asumindo responsabilidades que non lles corresponden para tentar evitar as graves consecuencias que seguir expresamente a legalidade podería supor para a vida e integridade da cidadanía.
O pasado 13 de maio os representantes da MIB fomos convocados a unha reunión co Presidente da Deputación de A Coruña, a petición da propia Mesa. O motivo era o tempo transcorrido dende que por parte da Deputación de A Coruña se fixo pública a intención de analizar a posibilidade de recuperar a xestión directa do servizo contra incendios e salvamento, tal e como dende a MIB lle solicitabamos.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759