Já passou meio ano e começamos os 6 meses que ficam para finalizar 2016 com umha variada programaçom de ócio alternativo em galego.
A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, aproveitando a visita a Galiza do xerente de AEOPAS, Luís Babiano [1], acordou programar en Ferrol, dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño, onde responderá ás pregunta: Que é a remunicipalización? Porque se debe remunicipalizar? E como?. Un, pola mañá, de carácter institucional, onde convidan a todas as concelleiras e concelleiros de Ferrolterra; e outro pola tarde, público, aberto a toda a cidadanía. Preténdese, nestes actos, explicar a necesidade de iniciar un traballo institucional para a recuperación, para administracións locais, da xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento, non só a nivel local, senón que tamén ao comarcal. Anelan o obxectivo do retorno da auga a mans públicas, con transparencia, rendición de contas e participación cidadá.
ADEGA, A. C. Fuco Buxán, A.VV Cuco Ruiz Cortazar de Caranza, A.C. Muiño do Vento de Canido, Confraria de Pescadores de Ferrol, Confraria de Pescadores San Telmo de Mugardos, EU Ferrol, EU Mugardos, Fundación Artabría. Grupo Municipal do BNG Ferrol, Iniciativa Cidadán de Mugardos, Memoria Histórica Democrática, Plaataforma dos veciños “O Cruceiro de Mehá”, PSdeG-PSOE Ferrol e Verdegaia.
Na Rolda de prensa de hoxe, mercorés 8 de Xuño de 2016 que tivo lugar en Sargadelos, interviñeron Fernando Ramos Armesto, da Iniciativa Popular pola Remunicipalización da Xestión da Auga, Alexandre Carrodeguas, da asociación ecoloxista VERDEGAIA , Bernardo Rego da asociación sociocultural López Bouza e da plataforma pola devolución do cobro indebido da taxa de saneamento e Pablo Portero da asociación Fuco Buxán.
Martes 24 de maio celebrouse unha asemblea Cidadá onde participaron activistas de distintos ámbitos reivindicativos da cidade. Reuniuse ante a alarma xerada, polo anuncio da concesión do Contrato Eléctrico por parte do Concello de Ferrol. Un contrato de 15 anos, que vai outorgar máis de 41 millos de euros das arcas municipais, a unha Unión Temporal de Empresas (UTE), composta polo empresario local Chino Silveira (SEFCON), e a multinacional Fomento de Construcións e Contratas (FCC).
Nas comarcas da Coruña (398 mil), Betanzos (39 mil), Eume (26 mil) e Ferrol (159 mil) viven máis de 600 mil persoas (470 mil só nos concellos atravesados pola liña de ferrocarril). Porén, entre Ferrol e A Coruña circulan tan só seis tres diarios (ningún entre as 8.45 e as 14.30), que tardan unha hora e cuarto en realizar un percorrido de 50 quilómetros. Galicia é a única comunidade autónoma costeira que non dispón de servizo de tren de proximidade, máis barato e con máis frecuencias que os rexionais ou de media distancia. Os últimos foron anos de recortes, falta de investimento, degradación do servizo e desmantelamento. Peche de estacións e redución de frecuencias que fixeron menos atractivo un modo de transporte limpo, barato e cómodo, que evita atascos e que ten éxito nos lugares de España e de Europa onde funciona de xeito axeitado.
Continuam as atividades para promover a candidatura de Ricardo Carvalho Calero para o Dia das Letras Galegas 2017.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759