Ante a posibilidade de desconvocatoria da folga autonómica dos parques comarcais de bomberios de xestión privada de Galicia os traballadores dos parques de As Pontes, Cee e Sta.Comba convocan un ha nova folga indefinida contra a empresa Natutecnia por mor de garantir o cumprimento estricto dos dereitos dos traballadores sen que exista modificacion arbitraria e inxustificada das suas condicions de traballo e que se veñen a producir dende a negociación e firma do convenio colectivo en vigor.
Máis incendios, máis grandes e con máis risco para a poboación. Esa é a evolución nas últimas horas dos lumes forestais que se veñen rexistrando fundamentalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra desde a noite do pasado domingo. Na mañá deste xoves a Situación 2 de alerta, que contempla desaloxos por risco para a poboación, está activa en cinco incendios, en Santiago, Porto do Son, Soutomaior, Avión e Cee, que suman só entre eles máis de 1.700 hectáreas afectadas. Ademais, outros dous incendios rexistrados en Arbo e Crecente suman 500 e 200 hectáreas respectivamente. Estas cifras deixan pequenos os incendios iniciados o luns e xa controlados de Cotobade, Caldas, Mondariz e Soutomaior, que suman unhas 1.100 hectáreas.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759