O Centro Galego de Artes da Imaxe atópase nunha situación moi delicada despois de que na Mesa xeral de negociación de empregados públicos, celebrada o día 30 de maio, a Administración da Xunta seguira adiante coa súa proposta de amortizacións e despedimentos, concretados no 40% da plantilla total do CGAI e no 50% da plantilla da área de proxeccións.
Somentes un día despois de comunicar nos medios de comunicación que non se amortizarían postos de traballo cubertos, a Xunta de Galiza ratifica nunha xuntanza coas organizacións sindicais a proposta de amortización de postos de traballo ocupados por persoal laboral.
Nos últimos anos, a situación na que se atopa o CGAI, único arquivo audiovisual e filmoteca de toda Galicia, que alberga tódalas obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego, e ó tempo asume a responsabilidade conferida desde a administración autonómica do apoio á industria audiovisual galega, pode ser calificada de MÁXIMA GRAVIDADE.
Dende a directiva AVV de Novo Mesoiro convocan a tod@s os veciñ@s do barrio e arredores, a xuntanza que teremos o vindeiro xoves 19 as 19:30 no Centro Cívico para informar en que proceso se atopa a construcción do novo Colexio no barrio.
A Mesa Intersindical De Galicia ve nos problemas de atención do sinistro de Fandicosta un exemplo da «irresponsabilidade» das administracións públicas en materia de emerxencias. A Mesa acusa a Xunta e as deputacións de manteren un sistema «esencial» fraccionado entre diferentes empresas privadas, sen regulación homoxénea, sen un mando único e sen coordinación entre dispositivos. A esta situación cómpre engadir a do 112, que se atopa «privatizado e precarizado».
Os Axentes Medioambientais apoian a Xunta de Galicia no seu esforzo por reducir a menos de 678 incendios para a campaña de 2016 pero veno francamente difícil conseguir ese obxetivo, cando non se molestan en dotar de novos medios nin renovar os existentes, dos profesionais encargados de dirixir o 99 % dos lumes Galegos.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759