Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 07 Dezembro 2016 16:10

'Western' revisionista hoje no Cineclube de Compostela

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Resenhas / Fonte: Cineclube Compostela

Cineclube de Compostela afronta este derradeiro mes de decembro de 2016 con tres filmes que poderían ser cualificados como westerns revisionistas. Así, tanto O home nas terras salvaxes (Man in the Wilderness, 1971), de Richard Sarafian, como Orgullo (Orgullo, 1955), de Manuel Mur Oti, e Deus e o diabo na terra do sol (Deus e o Diabo na Terra do Sol, 1964) de Glauber Rocha son filmes nos que a relación entre o home e a paisaxe, a busca, o viaxe e a exploración remítennos ao xénero por excelencia do cinema norteamericano.

A sesión terán lugar no habitual horario da programación regular no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas. Na primeira delas, adicada ao director estadounidense de orixe armenia Richard Caspar Sarafian, cóntasenos a historia de supervivencia dun explorador atacado por un oso nas montañas do noroeste do país, inspirada libremente na vida do explorador Hugh Glass, mito fundacional da exploración do continente norteamericano de comezos do século XIX.

Esta oda ao espírito dos pioneiros que é O home nas terras salvaxes, de resonancias míticas e relixiosas, confronta a beleza e o perigo da paisaxe natural coa fazaña de supervivencia dun Richard Harris en estado de graza, nun dos seus papeis máis memorables e esixentes. O filme contrapón a súa historia coa do grupo que decide abandonalo tras o accidente, comandado por un John Huston magnífico en tarefas de interpretación.

Sarafian, figura de culto do cinema estadounidense, comezou a súa carreira en series de culto dos anos 60, polo que é moitas veces relacionado coa chamada "xeración da televisión" norteamericana. Estreitamente relacionado coa figura de Robert Altman, con cuxa irmá casou, os seus primeiros traballos foron como axudante do célebre realizador de Kansas, se ben pronto dirixiu os seus primeiros capítulos para MaverickThe Twilight ZoneBatmanGunsmoke ou Dr. Kildare.

Os seus primeiros filmes para a grande pantalla, Andy (Andy, 1965) A sombra na terra (Shadow on the Land, 1968) e Corre salvaxe, corre libre (Run Wild, Run Free 1969) servíronlle para asentarse na súa xeración e realizar unha serie de obras de moito prestixio crítico a comezos da década seguinte, en especial o filme de automóbiles Punto de fuga (Vanishing Point, 1971) ou revisións do western como O home que amou a Cat Dancing (The Man Who Loved Cat Dancing, 1973) e a propia O home nas terras salvaxes.

O filme será proxectado en versión orixinal con subtítulos en galego. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o seu funcionamento, propón unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar