Correos tentou argumentar que isto era debido a desaxustes organizativos puntuais, e que eran casos extraordinarios, feito que o noso sindicato puido probar que non era asi, contabilizando mais de 600 contratos a persoal que non pasara ningún tipo de proceso selectivo transparente, sobre un total de pouco mais de 3000 contratos temporais no 2016, o que ven sendo mais do 15%, ou dito de outra maneira 1 de cada 7 contratos na provincia da Coruña neste ano foi feito a unha persoa que non pasou ningún tipo de proceso selectivo.
Desde o sindicato CGT esixiron en diferentes ocasións a Correos que abrise as bolsas de contratación á cidadanía, ou en todo caso, que acudise aos sistemas públicos de contratación, nunca recibindo resposta ás nosas suxerencias. Feito que tamén recolle a inspección de traballo como sancionable na súa resolución.
Desde a organización sindical, din, "esixiremos responsabilidades internas na dirección de zona, e comunicaremos este feito á fiscalía para que estude as posibles responsabilidades que poidan ter as persoas que decidiron contratar de este xeito irregular". Queremn chegar ao fondo de este asunto e pedir as responsabilidades pertinentes ás persoas que autorizaron a utilización de diñeiro público para contratar, e tamén cales foron os criterios de selección que se seguiron para contratar a esas persoas.