Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 07 Março 2017 16:13

Denunciam perante a Valedora do Povo as contrataçons irregulares em Correos

Avalie este item
(2 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: SPCC

Na mañán de hoxe,e aproveitando a visita do Presidente Estatal de Correos, Javier Cuesta Nuin, a Santiago de Compostela, persoal de Correos do sindicato CGT veñen de presentar unha denuncia ante a Valedora do Pobo (en adxunto) por contratación irregular en Correos. Calculan que en ano e medio o número de contratos efectuados por Correos a persoal de fora de bolsas da contratación e sen mediar níngún tipo de proba selectiva obxectiva pode chegar aos 1000 contratos. O que supón 1 de cada 7 contratos eventuais realizados.

A denuncia ven motivada pola excesiva contratatación a persoal eventual de xeito irregular. Coa excusa de non encontrar candidatos/as nas bolsas de contratación internas Correos esta a utilizar a figura do "idóneo" para cubrir contratos eventuais e leva ano e medio formalizando contratos a persoal enchufado, e seleccionado a dedo sen mediar ningún tipo de proba de selección coñecida e transparente, tal como é a obriga de calquera organismo público.Desde CGT lembran que a última vez que Correos abriu as bolsas á cidadanía foi no 2012 (xa van 5 anos), e que se lles foi solicitado en diferentes ocasións que as abriran, para poder ter un número de persoas necesario para cubrir as ausencias, etc...

Xa no mes de outubro, e ante denuncia na inspección de Traballo da provincia da Coruña, Correos tentou argumentar que isto era debido a desaxustes organizativos puntuais, e que eran casos extraordinarios, feito que o noso sindicato puido probar que non era asi, contabilizando, nesa altura de ano 2016, mais de 600 contratos a persoal que non pasara ningún tipo de proceso selectivo transparente, sobre un total de pouco mais de 3000 contratos temporais no 2016, o que ven sendo mais do 15%, ou dito de outra maneira 1 de cada 7 contratos na provincia da Coruña neste ano foi feito a unha persoa que non pasou ningún tipo de proceso selectivo. Este feito motivou que en novembro de 2016 a inspección de Traballo da Coruña impuxera unha SANCIÓN GRAVE EN MATERIA DE CONTRATACIÓN LABORAL. Desde a CGT poden "afirmar que xa son máis de 1000 os contratos efectuados por ese irregular procedimento, xa que esta forma de contratar non diminuiu, se non que máis ben aumentou nos últimos meses, debido as necesidades de contratación de Correos para levar adiante as entregas de notificacións pola tarde".

Desde o sindicato CGT esixiron en diferentes ocasións a Correos que abrise as bolsas de contratación á cidadanía, ou en todo caso, que acudise aos sistemas públicos de contratación, nunca recibindo resposta ás nosas suxerencias. Feito que tamén recolle a inspección de traballo como sancionable na súa resolución. "Hoxe quixemos volver facer esta reivindicación aproveitando a visita á dirección de zona do presidente estatal, Javier Cuesta Nuin, e recordarlle que nos parece indecente que efectúe recortes no servizo postal público mentres recibe o séptimo salario público máis elevado, chegando até 178.388.18, o que nos parece unha desfachatez nunha empresa que arroxa perdidas de 32 millóns de Euros".

Desde a organización sindical esixirán responsabilidades internas na dirección de zona, e agora comunican este feito á Valedora do Pobo para que estude as posibles responsabilidades que poidan ter as persoas que decidiron contratar de este xeito irregular. Queren chegar ao fondo  de este asunto e pedir as responsabilidades pertinentes ás persoas que autorizaron a utilización de diñeiro público para contratar, e tamén  cales foron os criterios de selección que  se seguiron  para contratar a  esas persoas.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar