Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 18 Dezembro 2016 08:42

Junta da Galiza chantageia funcionariado público, denuncia a CIG

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

Segundo a CIG, a Xunta de Galicia leva 8 anos incumprindo o convenio colectivo para o persoal laboral da Administración galega e negándose reiteradamente a convocar a mesa de funcións para definir as mesmas en todas as categorías, tal e como recolle o convenio, e agora pretenden eliminar todas as funcións de dito persoal para crear categorías que “fagan de todo”.

Por unha banda, e tendo unha categoría que se chama coidador/a xeriátrico, pretenden crear unha categoría nova, coa denominación de xerocultor/a, polo que non sabemos a intención real desta actitude que o único que pretende é atomizar o servizo e crear persoal en diferentes categorías coas mesmas funcións.

Non queda aquí a intención da Administración galega, e en especial da Consellería de Política Social, a consellería do Goberno do Partido Popular que se leva caracterizado nestes derradeiros 8 anos en ser a consellería que máis dereitos sociais e laborais leva eliminado ao persoal ao seu servizo, na historia do goberno autonómico galego.

A Consellería de Política Social, coa necesaria complicidade da Dirección Xeral da Función Pública, pretende crear unha nova categoría chamada Persoal de Servizos Xerais, cunha funcións que o converterían en Chico/a para todo, tal e como demostra a súa propia proposta que recolle o seguinte:

a) Apoio á xestión Administrativa.

Tramitación de pedidos, rexistro de entrada de documentos, transcrición de informes, etc.

b) Recepción, portería, atención e información aos usuarios.

Atención aos usuarios, información aos usuarios, atención telefónica, etc.

c) Limpeza, lavandería, mantemento e apoio ás funcións xerais.

Apertura e peche dos centros, control das instalacións e vixilancia da limpeza dos mesmos, limpeza e mantemento das estancias e dos materiais, retirada de cueiros, montaxe e desmontaxe de cunas, lavandería do centro, etc..

d) Apoio en cociña e comedor segundo o centro e o tipo de servizo.

Elaborar e servir as comidas nos comedores

 É dicir, a partir de agora xa non é necesario na Xunta de Galicia que exista persoal administrativo, nin de atención ao público, nin limpeza ou cociña. Un auténtico despropósito.

Pero este despropósito non remata aquí, senón que continúa, coa Lei de medidas fiscais e administrativas, onde crean as escalas de Xerocultor/a e de Persoal de Servizos Xerais, polo que a partir de agora xa non será necesario a cobertura de ningunha praza de administrativo, nin de subalterno, xa que unha única escala fará de todo.

Dende a CIG esixen que se inclúan estas categorías nas categorías existentes no V convenio colectivo de xeito inmediato, e se deixe dende a Consellería de Política Social de maltratar ao persoal ao seu servizo, negando dereitos de continuo, e buscando a forma de desprestixiar aos profesionais ao seu servizo.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar