Mais para aliviar a espera, onte inauguraron o posto do Apalpador na carpa da Feira de Artesanía, onde instalamos unha imaxe xigante do carboeiro para facer un Photocall, e quen o desexe poderá tirarse unha foto facendo de Apalpador,
E por outra banda, organizan o II Concurso de debuxo "Debuxando o Apalpador", cuxas bases engadimos a continuación, e animan aos/ás máis pequenos/as a que participen e leven os seus traballos á carpa até o día 30 de decembro. O ano pasado participaron máis de 50 nenos/as, así que este ano agardan que sexan máis!
Bases do I Concurso "Debuxando ao Apalpador":
1. Os debuxos deberán versar sobre a figura do Apalpador, e levará un lema escrito en galego.
2. Haberá tres categorías. Unha primeira para nenos/as entre 3 e 5 anos. A segunda para nenos/as con idades entre 6 e 8. E a terceira será para nenos/as entre 9 e 12 anos.
3. Para poder participar no concurso, cada neno/a deberá presentar un deseño orixinal, con calquera material ou técnica, relativo á figura do Apalpador. O deseño será presentado nunha folla de papel ou cartolina de tamaño A4.
4. Entregaranse 9 premios, para os tres mellores debuxos de cada categoría.
5. Os traballos terán que ser entregados como data tope o 30 de decembro de 2015 na Carpa da Feira de Artesanía, na Alameda Rosalía de Castro de Marín. Os debuxos serán expostos na Carpa desde o momento da entrega.
6. Para identificar os traballos, na parte de atrás dos debuxos deberá constar o nome e apelidos do autor, así como a súa idade.
7. O xurado estará composto por 4 persoas: unha da A.C.D. O Gharaboto, outra da A.C.Almuinha, outra da Asociación de Artesáns de Marín e o propio Apalpador.
8. O veredicto do xurado darase a coñecer e os premios entregados polo propio Apalpador o día 31 de decembro ás 18:00h. na Carpa da Feira de Artesanía, na Alameda Rosalía de Castro de Marín.
9. A participación no concurso supón a autorización expresa para a difusión das imaxes.
10. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, así como o criterio das 3 entidades organizadoras da actividade na resolución de calquera cuestión non prevista nestas bases.