Os católicos norteamericanos normalmente se preguntan que faría Xesucristo para reflexionar sobre que actitudes teñen que tomar. O documental Que Mercaría Xesús? (What would Jesus Buy?; 2007) xoga con esta frase para mostrar as experiencias dun grupo de activistas que en 2005 percorreron dende o Black Friday ata o Nadal diferentes centros comerciais para protestar
contra o consumo innecesario ao que se leva as persoas durante estes días coa escusa das festas e o amor aos seres queridos.
Bill Talen convértese no Reverendo Billy e xunto ao coro da Igrexa Parade de Mercar inician unha viaxe que os leva a “predicar” a ritmo de gospel a distintas grandes superficies mentres entoan panxoliñas contra as empresas e contra as compras excesivas.
O documental está centrado en problemas como a mercantilismo do Nadal, o consumismo e as prácticas de venta das empresas durante estes días.
Pese a que o filme está moi condicionado culturalmente ao retratar unha experiencia feita nos Estados Unidos, nós somos cada vez menos alleos a estas prácticas (por exemplo, a introdución do Black Friday como técnica de venda) aínda que a imaxe dun reverendo-telepredicador
resulte máis chocante dende a nosa óptica.
Título
Proxección do documental Que Mercaría Xesus?
Día
Xoves 22 de Decembro de 2016
Hora
A partires das 20.00 horas
Lugar
Centro Social A Comuna
(Verea do Polvorín, 35)