O grupo de colectivos de EsCuA (Espazo cultural alternativo, de Ourense), diante da dilapidación de cartos públicos de todos os cidadáns, (a pesar da Constitución española) en promocionar un credo relixioso, (cabalgatas, belens,subvencións á igrexa para logo rentabilizar privadamente...) organiza unha noite de xoldra, a modo de festival ou concerto de panxoliñas; contra o nadal e a autoridade competente. (Si, non a todo mundo lle gostan estas datas!)
A actividade chega a súa 6ª edición, co nome FECAL (Festival ecuménico da canción atea e libertaria), e se desenvolverá, por mor da friaxe, dentro da tetería cervexaria Grândola (sita na praza S. Marcial do casco histórico) o próximo día 28 de decembro, a partir das 20:30 horas.
A entrada é de balde