O venres 20 de maio ás 12 da maña a ODS Coia estreou un video no que falan con afectadas polos cortes de auga en Vigo, coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia, e na que se escoitan tamén aos responsábeis da empresa Aqualia, que xestiona o acceso ao dereito básico da auga no concello de Vigo.
"Queremos escoitar outras voces, visibilizar o que acontece na cidade de Vigo, onde os dinosetos sairon gratis porque foi Aqualia quen os pagou, ademais de se facer cargo de humanizacións de ruas, e onde non existe un protocolo para aquelas persoas que non poden pagar as facturas da auga".
Hoxe coa estrea desta peza lanzaron o hastag #augaparatodas porque é un dereito e porque queren que rematen os cortes de auga.
O venres a partir das 12 #augaparatodas