Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 05 Fevereiro 2017 11:18 Última modificação em Quarta, 08 Fevereiro 2017 10:16

Intersindical dos e das Bombeiras diz que procura do lucro diminuiu resposta às emergências durante o temporal Destaque

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: MIBG

Desde a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia mostran o seu descontento e rexeitamento á xestión dos recursos humanos dispoñibles nos servizos de bombeiros que dende a Axencia Galega de Emerxencias se está a facer.

O sucedido nestes pasados días de alertas por fenómenos meteorolóxicos adversos,  de nivel laranxa na maior parte do territorio, e mesmo vermello nalgunha rexión, pon unha vez mais de manifesto a ineficacia do modelo e a falta de interese por parte da Dirección Xeral de Emerxencias por dispoñer dun sistema eficaz, coordinado e reactivo.

Fronte á resposta dada polos parques de xestión pública, maiormente de titularidade municipal, que ante a alerta mobilizaron os seus recursos humanos reforzando quendas para así garantir unha resposta o mais eficaz posible, nos parques de xestión privada o servizo mantívose prestado pola garda habitual, xa reducida de por si. Só un dos 24  parques comarcais de Galicia, o de Silleda, reforzou con persoal extra os tres efectivos por quenda habituais. Curiosamente, de todos os parques comarcais, este é o único de xestión pública. Entendendo que mobilizar persoal extra supón unha redución do beneficio para as empresas concesionarias, queda probado polo tanto, unha vez mais, que o obxectivo deste modelo de xestión é unicamente o reparto de dividendos entre empresas afíns, que non só non aportan nada á xestión do servizo, senón que en situacións de alerta ou necesidade supón un atranco de cara a proporcionar á cidadanía resposta mais adecuada e eficaz. Todo isto aínda resulta mais sangrante se temos en conta que en mais dunha ocasión si se ten mobilizado persoal mediante cambios de quenda ou tirando de horas de dispoñibilidade para cubrir eventos ou simulacros, poñendo de relevo que se prima mais a imaxe pública e a propaganda que o verdadeiro fin do servizo, dar resposta a situacións de emerxencia.

Pese a folga na que están inmersos os bombeiros dos parques comarcais dende fai uns dous anos (a mais longa da historia das emerxencias), non só nunca se negaron a cubrir os servizos cando a situación o requiriu (vaga  de lumes no verán, incendios industriais…), senón que eles mesmos se ofreceron ou suspenderon temporalmente o seguimento da folga cando a protección real e efectiva á cidadanía así o requiriu.

Ante esta situación, unha vez mais, dende a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia quere defender un servizo público de calidade para o cidadán, homoxéneo e non discriminatorio,  que non estea suxeito a criterios de rendibilidade económica dunhas empresas. A defensa do modelo actual por parte de órganos como a Dirección Xeral de Emerxencias, ou administracións como a Deputación de Ourense só supón antepoñer o beneficio duns poucos á protección efectiva e xusta da cidadanía.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar